Ribadeo atopase ao noreste de Galicia, fronteira con Asturias separados e ó mesmo tempo xunguidos pola Ría que compartimos. Gostamos da vida tranquila e ofrecemos todos os servizos que calquera cidadan necesita, con unha intensa vida cultural e deportiva ofrecemos unha variada oferta de servizos de hostelería e restauración.
Estamos comunicados con Autovía co norte de España, e estamos a corta distancia das principais cidades de Galicia e Asturias, nos arredores temos Mondoñedo, Viveiro e os Oscos e Taramundi.
Ribadeo é o centro comercial da comarca que nos circunda, con amplas zonas peonís para as suas compras ou tomar un aperitivo e pasear polas nosas rúas.
A nosa praia das Catedráis e das máis visitadas de España polas súas formacións rochosas.
Ribadeo para vivir como para pasar unhos días de lecer ofrece todo o que pode desexar o visitante.
Grazas pola súa visita.
|
|
Ler máis... [Datos Xerais]
|