Escrito por Administrator    Sábado, 03 Maio 2008 01:47    PDF Imprimir Correo-e
SD Ribadeo

A finais dos anos 90 botaron a andar as Escolas Deportivas Municipais. Todas aquelas persoas que se sumaron á súa organización tiñan clara a aposta pola unión de deporte e cultura. Durante un tempo, as Escolas Municipais de Fútbol foron xestionadas pola Anpa A Faxarda, sempre cun espírito aberto a todo o pobo, e non circunscrito exclusivamente ao Ceip Gregorio Sanz. Co paso dos anos, esa semente dou o seu froito. No caso do fútbol, e tras un aumento considerábel da demanda por parte dos pais e das nais, acabouse constituíndo a Sociedade Deportiva Ribadeo, que é a que agora xestiona as Escolas Municipais de Fútbol.


Por iso no ano 2000 ,e a partir da actividade despregada nas Escolas Municipais de Fútbol, varios nais e pais puxéronse en marcha un proxecto que culminaría na S.D. Ribadeo. O obxectivo non era outro que promover a práctica de actividades deportivas, principalmente fútbol, así como difundir a educación integral do deportista entre a xente nova. Unhas rapazas e rapaces que queren estar frescos e espertos para o día seguinte participar nun encontro de fútbol (ou calquera outro deporte) son quen de autocontrolarse e responsabilizarse dos seus actos.

Tamén temos moi presente que o importante é o afán de superación persoal, a capacidade de sacrificio, e as ganas de disfrutar dunha vida san; que non todo vai estar encamiñado á competición pura e dura e a obsesión por gañar. Aínda que pareza un tópico: o importante é participar, o proceso, ver como poñendo ilusión e esforzo conséguense as cousas. E aprendendo a perder, para recoñecer os erros cometidos e ser quen de saber superalos. A fin de contas, facernos todos, nais, pais e fillos, máis persoas.

Na actualidade tempada 2007-2008 a SD Ribadeo ten o seu cargo a formación de 160 rapaces e rapazas en distintas categorías que van dende Infantil ata miniprebenxamin (nenos de 4 anos).


Como evento a destacar a SD Ribadeo organiza un torneo de Futbol base a mediados do mes de Xuño no que participan equipos de Futbol base de una ampla marxe xeografica este ano alcanzara a sua 4 edicion.
Na tempada 2008/2009 a SD Ribadeo amplia a sua oferta deportiva cunha sección de XUDO.

 

FOTOS SD RIBADEO EN PICASA

Modificado o ( Luns, 19 Xullo 2010 10:11 )
 

Cope da Costa

Concello de Ribadeo

  • Récord de visitas turísticas

    Arredor de 38.000 persoas se achegaron ás oficinas de turismo de Ribadeo durante os meses de xullo e...

  • "Os mortos" voltan a Ribadeo

    Unha copia da cinta "Os mortos van ás presas" xa está en Ribadeo. O director de cine Angel...

  • Edificio dos lavadoiros

    O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asinou en Lugo co responsable da Área de Cultura da Deputación, Antonio...

  • Galiza e Uruguay

    O salón de plenos do Concello foi escenario da presentación do libro "Vínculos culturais Galiza-Uruguay: José Alonso y...

  • Xulgado de primeira instancia e instrucción

    O alcalde, Fernando Suárez, solicita manter unha entrevista co conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, para coñecer en qué...

  • Rúa Reinante

    O Concello de Ribadeo solicita unha subvención á Xunta para proceder ao amaño da rúa Reinante no treito...

Tiene que actualizar su ordenador para poder ver correctamente nuestra web.

Ribadeo On line le muestra las ltimas novedades sobre donde dormir o divertirse.

La ms completa guia de informacin turistica, comercial y servicios. Tabla de mareas, Webcam, Galeras de Imgenes, Hoteles, Restaurantes y Pubs, Locales de Ocio y Cultura