|
Feiras e mercados: Os mércores (Ribadeo); Os domingos de verán Mercado do Rural; Festas e Romarías: O día 16 de xullo fanse as Festas da Virxe do Carme -ou do Carmo- (patroa dos mariñeiros), cunha procesión de embarcacions pola Ría de Ribadeo, levando a bordo a Virxe. Nesta procesión tirase a auga unha coroa de flores, en memoria dos mariñeiros mortos no mar. O primeiro Domingo de Agosto, celebrase a Xira de Santa Cruz, romaría campestre na hermida do mesmo nome, con concursos de gaitas, bailes, coros, etc... Non lonxe desta data, concretamente o 16 de agosto fanse as Festas de San Roque na capela de San Roque. Mercado de Navidade (Ribadeo); Semana do Cine Infantil (en decembro); Milla Popular de San Silvestre (31 de decembro); Romería das Cruces, en A Ponte, Arante (primavera); Subida o Monte Mondigo en Bicicleta; Marcha Cicloturística Concello de Ribadeo; Semana Náutica Ría de Ribadeo; Torneo Abierto de Tenis; Concurso de redacción "Diadema de Ribadeo"; Xornadas de Cultura Galega Mar por Medio Xornadas de Medio Ambiente Ribadeo de Tapeo Ademais, non debemos de esquecer toda unha serie de festexos tradicionais, celebrados en cada parroquia e dotados dun ambiente festivo e familiar. Na romaría de Arante realizase unha procesión onde se levan sete cruces ou pendons das sete distintas parroquias o 31 de maio. No apartado etnográfico, cabe suliñar, que aún viven nos ribadenses trazos da historia que lles axuda, en certa medida, a ter unha independencia cara o resto da provincia galega. De feito tamén se narraba que nos primeiros días de 1809 e, con ocasión da invasión francesa, Melchor Díaz da Rocha (alcalde maior de Sante) ofreceu unha feroz resistencia as tropas do xeneral francés François M. Fournier. O 25 de xaneiro de 1809 entraron en Ribadeo as tropas francesas, esixindo grande cantidade de alimentos as aldeas dos arredores. Polos abusos, o alcalde de Sante convocou a os veciños das parroquias de Sante, Vidal, Vilaosende, Cedofeita, Balboa e Coxela para que se negasen as esixencias do invasor; así foi como o 29 de xaneiro, Díaz da Rocha presentouse ante os franceses con 300 veciños pertrechados con trabucos, chuzos e fouces, dispostos a defende-lo camiño entre Mondoñedo e Ribadeo, infrinxindolles unha dura derrota. Sen embargo, coa chegada dos reforzos de Lugo e Ferrol, os franceses lograron entrar en Ribadeo definitivamente. A pesares do fracaso da empresa, o feito non deixa de ser significativo, xa que grazas a él foi posible que, seis meses despois, o exército francés baterase na retirada cara Astorga, abandonando definitivamente as terras galegas.
|