|

San Juan de Piñeira pertence ao arcgiprestazgo de Ribadeo e os 343 habitantes de 1991 resultaban unha media de 55 hab/km2.
Parroquia litoral do nor-leste do municipio. O mar Cantábrico pon o límite norte a esta parroquia, cunha costa moi alta e recortada.
Está previsto que nun futuro próximo instálese o polígono industrial. Actualmente atópase en proceso de concentración parcelaria o que debería de darlle un bo impulso a esta activa parroquia.
Ao leste limita brevemente con Covelas, o leste tópase con Ove mentres o nordeste limita con Vilaselan. Ao norte atópase o mar Cantábrico cunha costa de moi rochosa e de grandes alturas.
Pódense atopar dúas calas para o baño en Olga e Areosa dous entrantes do mar en terra.
A extensión de Piñeira é de 6,50 Km² e conta con oito poboacións: Outeiro, Piñeira, Dompiñor, Vilar, Folgosa, Barreiro, Morgullón e Igresia.
Arquitectura Relixiosa
Igrexa de San Xoán de Piñeira con cruz parroquial de prata rococó do último terzo do século XVIII, probablemente obra do taller compostelán
|