Vilaframil

San Lourenzo de Vilaframil sitúase na zona centro-norte do municipio de Ribadeo. ten unha superficie de 7,85 Km² e rolda os 300 habitantes. Limita ao leste con Covelas e A Devesa ao noroeste con Rinlo e ao oeste con Piñeira e polo norte os cantiis que dan ao mar Cantábrico.


Ten dúas zonas moi definidas, a rasa litoral prácticamente chaira onde está a maior parte da poboación e por onde se sitúa a estrada da costa e o ferrocarril de FEVE. Na zona sur a parroquia faise montañosa alcazando os 300 mts de altitude.


Crúzana tres arroios: o máis oriental serve de límite con Piñeira, o central da Capela nace un pouco máis arriba da Madanela e desemboca na ensenada de Liñares., o occidental de San Xulián, pasa polo lugar do mesmo nome e desemboca no porto de Rinlo.


Nesta parroquia crease a mediados de século unha escola para os agricultores do municipio a Granxa Escola Pedro Murias subvencionada por un ribadense que emigrou a Cuba. Estivo uns anos pechada pero volveuse a abrir como centro de Capacitación Agraria dependente da Xunta de Galicia.


Moi preto poderemos atopar o Aeródromo de Ribadeo creado polo Club Aereo de Ribadeo unha pista totalmente asfaltada para voos locais cos seus hangares.


Os seus habitantes repártense en 11 entidades de poboación: Madanela, San Xulián, Campo do Balado, Coto, Campo de San Lorenzo, Requeixada, Riocaínzos, Piñeiral, Tombín, Coedo

 

Cope da Costa

Concello de Ribadeo

  • Días grandes das festas

    O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, convida a veciños e visitantes a disfrutar das festas patronais que chegan...

  • Récord de visitas turísticas

    Arredor de 38.000 persoas se achegaron ás oficinas de turismo de Ribadeo durante os meses de xullo e...

  • "Os mortos" voltan a Ribadeo

    Unha copia da cinta "Os mortos van ás presas" xa está en Ribadeo. O director de cine Angel...

  • Edificio dos lavadoiros

    O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asinou en Lugo co responsable da Área de Cultura da Deputación, Antonio...

  • Galiza e Uruguay

    O salón de plenos do Concello foi escenario da presentación do libro "Vínculos culturais Galiza-Uruguay: José Alonso y...

  • Xulgado de primeira instancia e instrucción

    O alcalde, Fernando Suárez, solicita manter unha entrevista co conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, para coñecer en qué...

Tiene que actualizar su ordenador para poder ver correctamente nuestra web.

Ribadeo On line le muestra las ltimas novedades sobre donde dormir o divertirse.

La ms completa guia de informacin turistica, comercial y servicios. Tabla de mareas, Webcam, Galeras de Imgenes, Hoteles, Restaurantes y Pubs, Locales de Ocio y Cultura