Banda Sinfónica Municipal de Ribadeo

Corría o ano 1989 e, a través dunha iniciativa civil privada veciñal tentábase recuperar a ledicia xamais esquecida de recuperar unha banda en Ribadeo. Iniciábase así a constitución dunha comisión xestora para crear unha Academia de Música e a captación de socios e afiliados cunha masiva resposta social ribadense. Tamén desta maneira comezan os contactos para conseguir profesor-director. Contáctase con Hernán Naval para a formación musical dos asociados até acadar o nivel necesario para a criación dunha banda de música e, ao mesmo tempo, constituese a tal fin a asociación “Amadores da Música”. O 25 de xaneiro do ano 1992, case un ano antes do previsto, con corenta e un músicos de idades comprendidas entre os dez e os cincuenta anos, ateigados de nervios e baixo a batuta de Hernán Naval, preséntase a Banda de Ribadeo na igrexa parroquial cun programa que xuntaba “tradición e modernidade” e que acadaría un rotundo éxito en Ribadeo e arredores. “Hoxe nen os santos o cren” contaron algúns cronistas oficiosos ribadenses que se dixo aquel día na igrexa. O ano seguinte e en virtude dun convenio asinado entre o Excmo Concello de Ribadeo e a asociación “Amadores da Música” a banda pasaría a chamarse Banda Municipal de Ribadeo.

(Identificadas coa troula festiva, as bandas populares sofren aínda hoxe un algo, o apunte dun damóclito índice: dianas e alboradas entre nove e doce, procesión á unha, sesión vermouth (antes pezas da misa) ás dúas, concerto (?) ás sete, verbena de dez da noite a tres da madrugada...A soprar!. Hernán Naval. La Voz de Galicia.Xaneiro 92)

Quizais precisamente por marcar outras liñas musicais nun contorno onde pesaban máis as tradicións, e tentar dignificar as bandas como ferramenta cultural coma teima permanente do seu director, o heterodoxo facer da banda municipal e as súas liñas musicais que achegaban a música a públicos e gustos de distintas idades foron en ascenso e Hernán Naval, ao redor do seu traballo conseguiu artellar o rexurdimento da banda de música que sacou da nada ata convertela nunha potente formación con máis de oitenta músicos que pasou a ser banda sinfónica motivando a músicos, pais e público en xeral e dinamizando o panorama musical ribadense. Tamén fixo un gran traballo na Escola de Música, atraendo e formando centos de rapaces e apoiando todas as agrupacións que naceron baixo o seu seo (Banda Infantil, Contrabanda, Orquestra de cordas, Contrabandiña,…).

Así, baixo a súa batuta, a banda ribadense marcou fitos importantes coma a publicación dun compacto no ano 97. Neste disco, que colleitou un importante éxito de vendas e de crítica, participou o prestixioso pianista cubano Antonio Queija Uz, interpretando o Andante Spianato e Grande Polonesa en Mi Bemol Maior de Chopin, acompañado pola propia Banda. O director da agrupación, o profesor Hernán Naval, realizou a transcrición da parte orquestral. Esta gravación, parcialmente realizada en directo, é boa mostra do heterodoxo proceder da Banda na sua curta pero intensa traxectoria: música clásica de carácter sinfónico, bandas sonoras, nova música para orquestra de vento e percusión…, sempre dende un concepto da actividade bandística de carácter educativo, tanto para o público como para a propia banda. Tamén con Hernán Naval a banda actuou nas principais cidades de Galicia e teatros da xeografía galega e en diversos puntos do estado español (Madrid, Barcelona, Murcia, Oviedo, Aranjuez, etc..) e tamén en Portugal (Loures, Lisboa,…). Asimesmo actuou e fixo gravacións na RTVG e na Televisión Española e tiña case ultimada a gravación do material para dous discos máis…

O 17 de maio do 2001 e a punto de finalizar a gravación de dous CDs, a banda sufriu un duro golpe polo pasamento de quen fora o seu criador, director e principal impulsor, Hernán Naval. Duro golpe non só para a Banda en particular senón tamén para o mundo bandístico en xeral e mesmo a nivel nacional tanto coma para o mundo da ensinanza musical e das escolas de música. As múltiples facetas de Hernán Naval como arregrista, compositor, articulista, organizador, poeta, escritor, político e educador musical deixaron un grande baleiro. Para rematar a gravación en curso, a Banda Municipal de Ribadeo coa colaboración de Marcel van Bree, (prestixioso director amigo persoal de Hernán) que se prestou voluntariamente a colaborar co proxecto por rematar.

Hoxe en día a Banda Municipal de Ribadeo segue a existir baixo a xestión de “Amadores da Música” en colaboración co Excmo Concello de Ribadeo. Neste tempo pasou polas mans de diversos directores coma Marcel van Bree, Mariano Rivas, J. Luis Alvarez Braña e Bernardo Mendez. Actualmente, e baixo a batuta do seu director actual Lourenço Filipe da Silva Cruz realiza anualmente unha programación estábel de concertos en Ribadeo, incluindo programas monográficos (música de cine, música relixiosa, etc.) e outros como o de Nadal (“Aqui como en Viena”) forman parte xa dos eventos culturais tradicionais da localidade. Igualmente o Festival de Bandas que desde 1995 organiza anualmente no mes de xullo ou agosto.

 


rssfeed Fonte Rss de Ribadeo.com
Email Drucken Favoriten Twitter Facebook Myspace Stumbleupon Digg MR. Wong Technorati aol blogger google reddit YahooWebSzenario
 

Cope da Costa

EL Progreso

Concello de Ribadeo

  • Baile para a terceira idade

    O Concello organiza un baile para a terceira idade que terá lugar o 25 de marzo ás sete...

  • Pleno o 15 de marzo

    O luns 15 de marzo haberá pleno ordinario no Concello de Ribadeo a partires das 20 horas. Unha...

  • Eliminación de vertedoiros incontrolados

    O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, asegura que o seu departamento está a traballar para eliminar os...

  • Entrega de premios

    Ducias de persoas asistiron onte no auditorio municipal Hernán Naval á entrega dos premios aos gañadores e finalistas...

  • Xuntanza en Santiago

    O alcalde convocará unha xunta informativa de urbanismo a vindeira semana para analizar as suxerencias formais que o...

  • Exposicións na Omic de Ribadeo

    A Omic de Ribadeo acolle dúas exposicións que chegan da man de Cajastur. A concelleira de Cultura, Mariluz...

Your are currently browsing this site with Internet Explorer 6 (IE6).

Your current web browser must be updated to version 7 of Internet Explorer (IE7) to take advantage of all of template's capabilities.

Why should I upgrade to Internet Explorer 7? Microsoft has redesigned Internet Explorer from the ground up, with better security, new capabilities, and a whole new interface. Many changes resulted from the feedback of millions of users who tested prerelease versions of the new browser. The most compelling reason to upgrade is the improved security. The Internet of today is not the Internet of five years ago. There are dangers that simply didn't exist back in 2001, when Internet Explorer 6 was released to the world. Internet Explorer 7 makes surfing the web fundamentally safer by offering greater protection against viruses, spyware, and other online risks.

Get free downloads for Internet Explorer 7, including recommended updates as they become available. To download Internet Explorer 7 in the language of your choice, please visit the Internet Explorer 7 worldwide page.