| Prehistoria |
|
Temos moi poucos datos sobre a prehistoria da zona. Tan só algúns castros e mámoas chegan ata a actualidade como documento de tal época. Podemos atopar castros en Vilaselán, A Devesa (aquí atópase unha praia con devandito nome pola abundancia de restros que se atoparon), Vilaosende, As Anzas e Arante.
CASTROS EN GALIZA Os Castros son o máis característico da civilización Celta. Estes asentamentos humanos eran construídos sempre en altura, en orografías de difícil acceso, que garanten a seguridade dos seus habitantes. As dimensións dun castro oscilan entre os 20 e os 500 metros de diámetro. CASTRO DE LOUSELAS O importante achado arqueolóxico de Louselas, situado na parroquia de Vilaselán, atópase nestes momentos en fase de avaliación. Segundo os arqueólogos desprazados ao efecto, é un xacemento de gran importancia tanto pola súa extensión como pola cantidade de restos atopados ata o momento (algúns depositados no Museo de Vilalba).Auguran que probablemente sexa o maior e mellor xacemento de Galicia. En canto se acabe a concentración parcelaria de Vilaselán, a zona que delimita o castro quedará reservada para investigación e exposición. |

















