Login
Main menu
Xira de Santa Cruz

Xira de Santa Cruz

A XIRA

Así é coñecido o DIA DA GAITA E ROMARIA A SANTA CRUZ, festa popular e gastronómica, que a ASOCIACION AMIGOS DA GAITA GALEGA organiza o primeiro Domingo de Agosto no entorno do monte de Santa Cruz, fermosa atalaia sobor da Ría de Ribadeo; así quedóu establecido dende 1.965 aínda que a festa xá se celebrase con anterioridade.

 

 A Xira, festa recoñecida de interese turístico nacional e galego, desenrólase como queda díto ao amparo da fraga que rodea o monumento ao Gaiteiro e a área recreativa, zonas dotadas de servizos e amplos aparcamentos que convírten a tan fermoso paraxe en cita obrigada para milleiros de romeiros cada primeiro Domingo de Agosto.

 AMIGOS DA GAITA nacéu da mán de Carlos Suárez Couto, arroupado por un reducido grupo de amigos, ó 17 de Xullo de 1.962 con fíns mói sinalados e ambiciosos entre os que se contaba a creación de un grupo de gaitas; así as “Meniñas de Saudade” convertíronse no primeiro grupo de gaiteiras xurdido en Galicia gracias a colaboración de Amando Suárez  e Primitivo Díaz como profesor.

 Outro dos fíns da Asociación era erixír na atalaia de Santa Cruz un monumento en memoria do gaiteiro encargo que se lle fái en pedra granítica ao escultor ourensán Faílde e que todavía hoxe é único na nosa Comunidade Autónoma.

 O 10 de Maio de 1.980 en Asamblea Xeral Extraordinaria acordóuse a creación das Escolas para a ensiñanza de gaita e danza que comenzan a funcionar no curso de 1.981 non deixando en  ningún momento de facerlo. Os alumnos incorpóranse de inmediato as actuacións folclóricas tanto da Xira como do acto do Pregón da mesma que se pronuncia no Teatro de Ribadeo na tarde noite do día anterior.

 En 1.989 a Asociación, coa aprobación de novos Estatutos, adquiríu o carácter de “Cultural, Recreativa e Deportiva” contemplándose a figura de “Socio Co-propietario” o que supuxo a adquisición de un terreo de 8.000 metros cadrados ubicado na zona cultural e deportiva da Vila onde se construíron dúas pistas polideportivas debidamente pechadas e os séus vestiarios. Posteriormente firmóuse convenio co concello polo que se lle vendía cáseque a metade do solar para a construcción de un Pavillón Polideportivo obtendo importantes ventaxas para os Socios no séu úso además de locales para ensaio e oficiña e utilización exclusiva do pavillón en determinadas datas.

 

 

Web da Asociación Amigos da Gaita Galega: http://www.amigosdagaita.org

Rate this item
(2 votes)

Related items

Media

Inauguración do Monumento ó Gaiteiro NODO - fILMOTECA NACIONAL- RTVE.ES

Leave a comment

Make sure you enter all the required information, indicated by an asterisk (*). HTML code is not allowed.

back to top

Twitter

  • @futgal ¿3 dias para unha consulta con un traumatologo? E para eso tramites que non falten. Asi se cuidan a os xog… - máis...
  • RT @arealidade_2016: Aquí se reparaban y se construían los barcos en Ribadeo, hace mucho tiempo atrás. @Ribadeo_Online #arealidadenosollosd…
  • @arealidade_2016 @Ribadeo_Online

Siguenos en Twitter

CookiesAccept

NOTE! This site uses cookies and similar technologies.

If you not change browser settings, you agree to it.

I understand

FacebookG+TwitterRSS