Login
Main menu

Por Vilaosende y Couxela

Paseo por Santalla e Couxela (9 km)

Para saír desde Ribadeo é necesario levar o coche ata o Mesón A Ruca en Porto de Arriba, Parroquia de Santalla de Vilaosende.

Por unha pista asfaltada, logo da subestación do gas , baixamos á Curuxeira e O Carbón, para saír á estrada de Santalla onde se atopa o pazo de Quintalonga. Seguimos despois polos lugares de Torre e Santalla de Arriba, onde se pode ver o que queda da espectacular entrada á antiga igrexa.

Logo de pasado Santalla, no primeiro cruzamento á esquerda, outra pista tamén con asfalto sobe cara á Venta (160 m altitude), e baixa por Cima de Vila ata a estrada de Couxela, cara á esquerda, levaranos cara a Sindín, onde nos desviaremos para ir ao Fornelo.

O kilometro e medio que falta para regresar a Porto será atravesando monte por pista de terra e camiños, anchos e de andar fácil pero humedos. Por alí pódese parar un momento para descansar.

Recomendamos a visita aos dous Portos ( De Arriba e de Abaixo) e ao tunel do tren de Vilaodrid.

 

 

 

Read more...

Santalla de Vilaosende

Santalla de Vilaosende cos seus aproximadamente 250 habitantes dan unha media de 20 habitantes por km2.


Ocupa o sector sur-leste de o municipio. Toda a súa parte leste está bañada pola Ría de Ribadeo que divide Asturias e Galicia co Concello de Vegadeo como veciño. Destaca nesta zona as marismas da Xunqueira e en Reme atoparemos un observatorio Ornitolóxico.


Polo norte o río Grande establece o límite con Ove e ao Noroeste Covelas e ao suroeste con Cedofeita. Practicamente o sur limita con Couxela


Ten unha extensión de 10,05 Km² e conta con sete entidades de poboación: Vilaosende, Porto, Santalla, Lourido, Torre, Santo Tomei e Carbón.


Arquitectura Relixiosa


Santalla de Vilaosende, con imaxes barrocas, do século XVIII


Arquitectura Civil


Restos do Pazo de Quinta Longa (Vilaosende), conxunto en mal estado de conservación, composto por: patio, corredor, cociña e capela. No muro oriental campea unha pedra de armas ovalada, cos emblemas dos Montenegro e Luaces

Read more...
Subscribe to this RSS feed

Twitter

  • @futgal ¿3 dias para unha consulta con un traumatologo? E para eso tramites que non falten. Asi se cuidan a os xog… - máis...
  • RT @arealidade_2016: Aquí se reparaban y se construían los barcos en Ribadeo, hace mucho tiempo atrás. @Ribadeo_Online #arealidadenosollosd…
  • @arealidade_2016 @Ribadeo_Online

Siguenos en Twitter

CookiesAccept

NOTE! This site uses cookies and similar technologies.

If you not change browser settings, you agree to it.

I understand

FacebookG+TwitterRSS