Ribadeo On Line - Toda información sobre Ribadeo
Print this page

Cómo chegar

En coche

Desde Asturias

Desde Oviedo (152 kmts) ou Xixón (150 Kmts) tomaremos a estrada que nos leva pola costa asturiana ata Barres (Castropol) onde deixaremos de lado a estrada que vai cara a Vegadeo continuando recto cara a Ribadeo  ata cruzar a Ponte dos Santos e alcanzar o centro urbano,  xusto ao finalizar a ponte onde se encontra o poligono industrial, en dirección contraria ó poligono  poderemos tomar a circuvalación que nos permitirá entrar polo outro lado da Vila, ou ben tomar a rotonda para,a esquerda, entrar ó casco Urbán. Esta ruta podese realizar casi completamente por Autovia.

Desde Galicia

Desde Lugo podemos tomar a estrada que vai por Meira e A Pontenova ata Ribadeo (87 kmts), unha estrada sen trafico ben asfaltada aínda que con bastantes curvas no tramo de baixada desde Marco de Alvare. Desde esta existen desvios a Abadin ou Mondoñedo que ademais de aforrar kmts permiten disfrutar dunhas preciosas vistas.Tamén se pode ir por Rabade, Vilalba, Mondoñedo e Barreiros (103 kmts), ten máis trafico pero a estrada non é tan sinuosa como a outra indicada, esta ruta podese facer completamente por Autovia por unhos kmts mais.


Desde Santiago (177) ou A Coruña (156) tomaremos a A6 ata Baamonde, para continuar por Vilalba, Mondoñedo e Barreiros ata Ribadeo podendo continuar todo o traxecto por Autovia.

 
 
From Address:
 
 

En autobús

Desde Oviedo, Xixón ou Aviles existen autobuses todo o día cada 2 horas ou menos ata Ribadeo, o mesmo que desde Lugo ou Coruña.

Existen combinacións con Madrid, Santiago, Tuy, Bilbao e Burgos sen transbordo.

Máis información en www.alsa.es www.arriva.es

En tren

Existe unha estación de FEVE que comunica por tren as poboacións de Ferrol e Avilés dúas veces ao día, dispón duns modernos vagóns e pódese gozar da bela paisaxe das nosas costas.

Máis información www.feve.es

Por Mar


Dispomos dun completo porto deportivo con todos os servizos ao que se lle outorgou a Bandeira Azul da UE.

O porto esta situado en 43º 32' 05'' N e 07º 02' 22'' W é un porto importante de refuxio pois Xixón está a 64 millas náuticas e A Coruña a 81 e as características da nosa Ría fai dela un porto moi seguro.

Por Aire

Ribadeo dispón dun pequeno aerodromo en Vilaframil (a 4 kmts do centro urbano) Conta cunha pista de 900 metros de longo por 80 metros de ancho, dos que 870x18 metros, son asfaltados. O aeródromo é apto tanto para avións como para ultralixeiros.

Está situado 43º 33' 13'' N e 07º 05' 11'' W con altura de 25 metros, limiares 08 e 26 e clasificación 1B

 

 

 

Rate this item
(0 votes)

Warning: count(): Parameter must be an array or an object that implements Countable in /var/www/vhosts/ribadeo.com/httpdocs/templates/meet_gavern/html/com_k2/templates/default/item.php on line 218
Ribadeo On line - Deseño Web EOMATICA Google+