Login
Main menu
Prehistoria

Prehistoria

Temos moi poucos datos sobre a prehistoria da zona. Tan só algúns castros e mámoas chegan ata a actualidade como documento de tal época. Podemos atopar castros en Vilaselán, A Devesa (aquí atópase unha praia con devandito nome pola abundancia de restros que se atoparon), Vilaosende, As Anzas e Arante.


As mámoas atópanse en Mondigo. Aínda que os achados non tiñan demasiada relevancia, si nos falan dun poboamento estable, ao acharse restos de cascotes que nos levan a pensar na existencia de casas con paredes de mampostería. Actualmente isto está cambiando co xacemento de Louselas.

 

 

CASTROS EN GALIZA

Os Castros son o máis característico da civilización Celta. Estes asentamentos humanos eran construídos sempre en altura, en orografías de difícil acceso, que garanten a seguridade dos seus habitantes. As dimensións dun castro oscilan entre os 20 e os 500 metros de diámetro.
Máis ou menos, a súa extensión é duns 100 metros e adoitan presentar unha planta oval ou alargada.
Destaca sempre o impoñente sistema defensivo, dotado dunha ou máis lineas de muralla rodeando o castro.

CASTRO DE LOUSELAS

O importante achado arqueolóxico de Louselas, situado na parroquia de Vilaselán, atópase nestes momentos en fase de avaliación. Segundo os arqueólogos desprazados ao efecto, é un xacemento de gran importancia tanto pola súa extensión como pola cantidade de restos atopados ata o momento (algúns depositados no Museo de Vilalba).
Auguran que probablemente sexa o maior e mellor xacemento de Galicia. En canto se acabe a concentración parcelaria de Vilaselán, a zona que delimita o castro quedará reservada para investigación e exposición.

Rate this item
(1 Vote)
More in this category: « Idade Contemporánea

Leave a comment

Make sure you enter all the required information, indicated by an asterisk (*). HTML code is not allowed.

back to top

Twitter

  • RT @arealidade_2016: Aquí se reparaban y se construían los barcos en Ribadeo, hace mucho tiempo atrás. @Ribadeo_Online #arealidadenosollosd…
  • @arealidade_2016 @Ribadeo_Online
  • RT @RiadeRibadeo: Espérovos a todos ás 11:00 na Casa da Xuventude para falar das aves da #RíadeRibadeo @TurismoRibadeo @Ribadeo_Online http…

Siguenos en Twitter

CookiesAccept

NOTE! This site uses cookies and similar technologies.

If you not change browser settings, you agree to it.

I understand

FacebookG+TwitterRSS