Ribadeo On Line - Toda información sobre Ribadeo
Imprime páx

Dende Navia até o Masma

RUTA ENTRE RÍOS

 

A COSTA: Tomando como centro a ría de ribadeo e como metas tanto ao leste como ao oeste, as outras dúas rías máis importantes da comarca, organizamos unha das excursións máis interesantes do norte da península.
Entre a ría de Navia e a Ría de Foz veremos uns pagos que aínda que pertencen a diferentes comunidades autónomas son mais os aspectos que as unen que os separan.

DE BARREIROS A RINLO: O máis destacable desta parte do camiño no seu tramo costeiro son as súas praias. Case nove km de interrompidos areais fano merecedor de cinco bandeiras azuis así co recoñecemento internacional do coidado das súas praias e das múltiples instalacións que nelas atopamos.
Destaca especialmente a coñecida como Praia das Catedrais



RINLO: é unha aldeíña mariñeira de orixes descoñecidas. Veremos o seu interesante pobo e os cantiis que o circundan



RIBADEO: Capital da comarca. é a poboación máis importante. Nela poderemos ver, Miradoiro da Atalaia e zona vella, o porto deportivo e o comercial, Forte de San Damián e Area recreativa do Cargadeiro, Paseo ata o Faro e a Illa Pancha, Miradoiro de Santa Cruz.



CASTROPOL: é a segunda capitalidade da ría de ribadeo. Teñen como interesante o porto deportivo e de pesca, a capela de Santa María del Campo, Monumento a Fernando Villamil e Parque de Vicente Loriente.



FIGUERAS: Palacete Peñalba, Castelo de Trenor e o seu belo porto pesqueiro.

TAPIA DE CASARIEGO: Precioso pobo mariñeiro. Visita ao Porto e paseo ata o Faro.



VIAVELEZ: Unha das ensenadas e porto de abrigo máis interesantes da comarca. Visita ao porto e pobo.

COAÑA: Está un pouco separado da estrada xeral, pero merece desprazarse pera ver o seu castro perfectamente recuperado e o seu museo etnográfico.



NAVIA: é unha das vilas máis importantes da costa Asturiana. A súa florecente industria así como unha ampla oferta comercial fan ao pobo un referente económico da comarca.

Califica
(0 votos)

Warning: count(): Parameter must be an array or an object that implements Countable in /var/www/vhosts/ribadeo.com/httpdocs/templates/meet_gavern/html/com_k2/templates/default/item.php on line 218
Ribadeo On line - Deseño Web EOMATICA Google+