Real Club Náutico
O Club Náutico de Ribadeo fundado o 22 de agosto de 1.974 (logo doutra tentativa anterior), conta na actualidade con 800 socios e máis de 350 embarcacións.
Os servizos e actividades que o CLUB NÁUTICO DE RIBADEO ofrece e realiza durante todo o ano son moi diversos, aínda que a súa actividade principal desenvólvese nos meses de verán.
Actualmente conta coas seccións VELA e MERGULLO. A máis recente é a nova sección dedicada á PESCA DEPORTIVA.
Cada unha destas seccións organiza cursos e cursillos periodicamente e durante todo o ano.
O Club Náutico foi desde os seus inicios unha sociedade moi enraizada nos ribadenses e sempre buscou e segue buscando, que Ribadeo se una definitivamente á súa Ría e ao mar, a quen por motivos topográficos e de desenvolvemento estivo ás veces dando as costas.
A partir dos anos noventa xurdiu o despegamento do Club e a súa adecuación ás novas esixencias que supuña xa contar cun número de socios e de embarcacións que demandaban máis e mellores servizos.
Lenta, pero constantemente, fóronse incrementando os servizos e as instalacións, así como as actividades desenvolvidas, chegando a ser o Club máis importante desta zona da costa cantábrica contando na actualidade con 800 socios e máis de 400 embarcacións.