Ribadeo On Line - Toda información sobre Ribadeo
Imprime páx
Ría de Ribadeo

ría de ribadeo

As Rías da costa norte de Galicia son moi variadas, tanto polo seu tamaño como pola súa topografía. A ría de ribadeo é a máis oriental das rías galegas. Situada no límite entre Galicia e Asturias, presenta unha forma alongada que se estende de norte a sur, pasando polos municipios de Ribadeo, na súa parte occidental, e de Castropol na parte oriental da ría

As seis Rías Altas 

» ría de ribadeo 

» Ría de Foz 

» Ría de Viveiro 

» Ría de O Barqueiro 

» Ría de Ortigueira 

» Ría de Cedeira

 

O río EO, que nace nas terras de Baleira, nas proximidades do bosque de Estornín, desemboca no mar Cantábrico e forma a ría de ribadeo, servindo de límite entre as comunidades galega e asturiana.

 

Na súa desembocadura, o río adquire uns valores naturais inusuais, abundando as chairas intermareais e as xunqueiras, sempre próximas a poblacións de importancia.

 

Está protexida por diversos convenios internacionais como o RAMSAR e foi declarada zona ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves) pola UE, debido á importancia que ten esta zona como invernada de anátidas.

 

Ficha ecolóxica da ría:

 

Figura de protección

Zona ZEPA. Refuxio Nacional de Caza

Extensión

550 Has. en Galicia e 1190 Has. en Asturias

Clima

Atlántico

Xeomorfoloxía

Terrenos Cámbricos. Calizas e Cuarcitas

Valores naturais

Aves acuáticas. Paisaxístico. Piscícola.

Descrición

Ría formada pola desembocadura do río Eo no mar Cantábrico, entre as comunidades de Galicia e Asturias.

 

Califica
(7 votos)

Warning: count(): Parameter must be an array or an object that implements Countable in /var/www/vhosts/ribadeo.com/httpdocs/templates/meet_gavern/html/com_k2/templates/default/item.php on line 218

Media

Ribadeo On line - Deseño Web EOMATICA Google+