Login
Main menu

Costumes (7)

Temos unha longa tradición nas actividades culturais e deportivas e durante o longo do ano producense numerosos eventos de todo tipo. As festas nas Parroquias teñen sona en todos os arrederos, as distintas actuacións da Banda Municipal, a Coral Polifónica, (decana da provincia) e todas as actuacións musicais e teatrais que se producen no Auditorio Municipal "Hernan Naval", fan que se esté en permanente actividad. Durante o verán existen Festas como a Xira de Santa Cruz e diferentes semanas culturais e deportivas como o Emma Cuervo (vicedecano dos campeonatos veraniegos)

Durante todo o ano estamos en permanente actividade.

O Antroido de Ribadeo

No mes de Marzo de 1983, un pequeno grupo formado por 21 persoas, pensaron que o Entroido de Ribadeo, podía converterse na festa popular por excelencia, a pouco que o intentasen con entusiasmo e ganas de saír adiante.
Sabíase que a xente estaba desexosa de tomar parte activa no Entroido, de disfrazarse e gozar dunhas xornadas tan propicias para a esmorga. Tras unha reunión previa, quedou constituída a Comisión do Entroido, encargada de organizar os do ano 1984. 

Read more...

Xira de Santa Cruz

A XIRA

Así é coñecido o DIA DA GAITA E ROMARIA A SANTA CRUZ, festa popular e gastronómica, que a ASOCIACION AMIGOS DA GAITA GALEGA organiza o primeiro Domingo de Agosto no entorno do monte de Santa Cruz, fermosa atalaia sobor da ría de ribadeo; así quedóu establecido dende 1.965 aínda que a festa xá se celebrase con anterioridade.

Read more...

Coral Polifónica

A Coral Polifónica de Ribadeo foi fundada no ano 1955, o que a converte na decana da provincia de Lugo.
Desde o mesmo día da súa presentación estivo dirixida por D. Carlos Alvarez Fernandez-Cid, ata 1984, ano da súa morte. A partir desta data a dirección atópase baixo a batuta de Dª Maria Carmen Rodriguez Cancelo, titulada polo Real Conservatorio de Musica de Madrid.
Read more...
Subscribe to this RSS feed
Warning: count(): Parameter must be an array or an object that implements Countable in /var/www/vhosts/ribadeo.com/httpdocs/templates/meet_gavern/html/com_k2/templates/default/category.php on line 191

Facebook Wall

Twitter

Error: no data

FacebookG+TwitterRSS