Login
Main menu

admin

Website URL:

Arante

 

San Pedro de Arante pertence o Arciprestazgo de Ría de Abres y no 1991 tiña 323 habitantes, cunha densidad de algo máis de 20 hab/km2.

 

A súa situación correspondese co extremo suroeste do municipio, polo norte limita ca Devesa. Polo Nordeste o río Lexoso sirve de limite con Cubelas.

 

No punto de unión do Lexoso co río Grande comeza Cedofeita que é o límite Este. Ó sur limita con Trabada (Vidal), e ó oeste con Barreiros.

 

Abarca unha superficie de 14,75 Km², polo que é a terceira en extensión. É unha das parroquias máis montañosas, aunque tamén cuota con dous importantes vales: o do Río Grande e o do río Lexoso. A altitude máxima chega ós 440 metros.

 

Comprende esta parroquia : Barredal, Bestilleiros, Vilamariz, Remourelle, Cee, Penedo, Fondo da Vila, A Ponte y Porto Bragán.

 

Na Ponte celebrase unha romería de orixe medieval, que conmemora a victoria sobor dos franceses. É una festa de gran colorido donde se ondean unhos pendóns de cores. Ten un gran valor histórico a recuperación realizada nestos últimos anos desta festa.

 

Arquitectura Religiosa

 

Igrexa de San Pedro de Arante (siglo XVIII), ca nave central cuberta por bóveda de canón e arcos de medio punto que remata en outra bóveda de pabellón sobre tres arcos de pedra, tamén de medio punto. No interior, tres retablos: dous de elos barrocos r outro clásico. Capelas de As Virtudes (A Ponte) e Santa Mª Magdalena (Remourelle)

 

Read more...

A Devesa

Santa Eulalia de A Devesa pertence ao Arciprestazgo de Ribadeo e os 722 habitantes de 1991 censados daban unha media de 33 hab/km2.

Esta parroquia está situada no extremo noroeste do municipio. Polo Oeste e o sur limita co concello de Barreiros,separados polo regato do Perdón, de norte a sur as  parroquias barreirenses : Santiago de Reinante, San Miguel de Reinante e Vilamartin Pequeno. Polo sur limita con Arante e ao sureste con Covelas e coa ladeira noroeste do Mondigo. Polo este con Vilaframil e no nordeste no lugar de Meirengos con Rinlo.

 É a máis grande de Ribadeo, cunha extensión de 22,675 Km², o que representa o 21 % do territorio total de Ribadeo. Nesta parroquia atopámonos coa agreste beleza das súas praias, a famosa praia de As Catedrais e as praias próximas de Esteiro e Os Castros.

 As praias de As Catedrais e Os Castros lucen a bandera azul da Unión Europea. Tamén dispón de dita bandera en Ribadeo no porto deportivo de Porcillán.

Nesta parroquia ubícase o Albergue Xuvenil de A Devesa, un campamento que se abre en época estival para realizar acampadas. Tamén podemos atopar unha cooperativa agrícola modelo que trascende ao ámbito municipal nas súas actividades, a cooperativa "Os Irmandiños".

A igrexa parroquial de Santa Eulalia é do século XVI e conserva imaxinería e orfebrería de interés. No lugar de Os Castros quedan restos de castros celtas de certa importancia.

Conta coas seguintes poboacions: O Rato, A Rochela, Meirengos, Vilagüiz, Vilandriz, Cinxe, Noceda e Pedreira.


Arquitectura Civil

O Circulo Habanero, Casa Place, Casa Maseda e outras de estilo colonial a carón da estrada xeral.


Arquitectura Relixiosa

Iglesia de Santa Eulalia da Devesa (século XVI), pero con reformas posteriores. Consta dunha nave con bóveda de arista en tres tramos, sobre arcos faxóns. Na fachada,un arco escarzano e unha torre de dous corpos rematada por cúpula de media laranxa. No seu interior, un retablo neoclásico do século XIX e tres barrocos do XVIII. No apartado de orfebrería posee tres cálices e un copón, de prata e ouro, respectivamente.

Capela de San Ramón (Devesa), con retablo barroco do XVIII, ao que se lle incorporou un Cristo do XVII.
 
Nesta parroquia atopase a famosa Praia de As Catedrais
 
Read more...
Subscribe to this RSS feed
Warning: count(): Parameter must be an array or an object that implements Countable in /var/www/vhosts/ribadeo.com/httpdocs/templates/meet_gavern/html/com_k2/templates/default/user.php on line 131

Facebook Wall

Twitter

Error: no data

FacebookG+TwitterRSS