Login
Main menu

Super User

Web URL:

Festival On&Off 2006

2006: II Festival Audiovisual ON&OFF

 
Do 1 ao 5 de agosto de 2006 tivo lugar o II Festival de curtas ON&OFF, organizado unha vez máis por Mr Misto Films e o Concello de Ribadeo.

Nesta edición, 27 curtametraxes foron seleccionadas para formar parte da seccion oficial:
 
Éramos pocos, Los ojos de Djamel, Máis Madeira, Papás y mamás, Lobos, Sirenito, Acecho, Redondeo, El Examinador, Con que 24 Eh?!, O Boiro, Birth School Work Death, Teki, Choque, Sólo para Chelo, O intruso, Sintonía, A máquina, Bucowsky, En mitad de la noche, Taquetesis, Madres, Painting Soldiers, Chatarra, K.O., Máxima pena e La más breve. 
 
 
Estas pezas estaban divididas en dúas sesións e proxectáronse en distintos puntos de Ribadeo: nas rúas da zona vella, no auditorio, no cine Teatro, no Cantón, etc.
 
A principal novidade deste ano foi a celebración do I Certame de curtas A toda mecha
Este consistía en elaborar unha curtametraxe en tan só 3 días, durante a celebración do festival e tendo Ribadeo como escenario.
As curtas realizadas exhibíronse durante a gala de clausura do festival.
 
 
Os participantes nesta I edición de A toda mecha foron:
   - Historia do cine Teatro, dos irmáns Prada, que gañaron o Misto de Pau e unha fin de semana nunha casa de turismo rural.
   - O que a amizade se levou, de Borja Pardo
   - A ver ho, espabila, de Joao Rodicio
   - Asalto ó “Castillo de San Damián”, de Isma Teijeiro
   - Chegada masiva de videocreadores, de Verónica Remaller e Mariña Casais
   - El atrevimiento de John Carrack, de Juan de Oliveira
   - Heissel-Como se fixo o Mistura Sound 2006, de Xabi Lomba
   - Toxic Girl, de Jacobo Paz
 
 
Historia del cine Teatro, irmáns Prada
 
 
Por outra parte, catro creacións foron seleccionados mediante concurso para gravarse en Ribadeo e os seus protagonistas elixíronse a través dun cásting, ao que se presentaron numerosos veciños da vila.
As curtas escollidas foron:
 
 
 
   - Marta, de Juan de Oliveira  
 
   - Nueve meses, de Javier Ramudo
 
   - Pulgas, de Valentín Barreiros e Joao Rodicio
 
   - Listillo, de Benito Eiroá
 
 
 
Ao igual que no ano anterior, houbo actividades paralelas como o Mistura Sound, coas actuacións de Heissel, 7 Setenta e Lili Films.
Tamén se celebrou un seminario de produción dixital impartido por Jorge Carrasco.
 
A gala de clausura do festival, no auditorio municipal, estivo presentada pola actrizComba Campoy.
No acto proxectáronse as curtas realizadas en A toda mecha e as pezas Ribadeo no tempo Locos por el Super 8.
Ademais, fíxose a entrega de premios e estes foron os galardoados:
   - Misto de Ouro a Madresde Mario Iglesias.
   - Misto de Prata á mellor curta outorgado polo público a Sintoníade José Mª Goenaga.
   - Misto de Bronce para Redondeode Pablo Iglesias.
 
 
 
Pero a historia do festival non remata aquí, xa que en 2007 Ribadeo acolleu o III Festival de curtas ON&OFF...
Ler máis...

Festival On&Off 2005

Do 18 ao 21 de agosto de 2005 celebrouse en Ribadeo o I Festival Audiovisual ON&OFF, organizado por Mr Misto Films e o Concello de Ribadeo.

O festival inaugurouse no Cantón coa presenza de Isabel Blanco e as 30 curtametraxes seleccionadas para formar parte da sección oficial foron as seguintes:

Carisma, El abismo, 7:35 de la mañana, Diez minutos, Invulnerable, El balancín de Iván, Profilaxis, Rosas, Aloe, La ruta natural, Final, Un viaje, 24 instantes, Física II, Pornografía, Lo que nunca seré, Brasil, Digital, Las superamigas contra el profesor Vinilo, La buena caligrafía, El laberinto de Simone, Tadeo Jones, Galiza, Nada que perder, El viaje, Minas, A teoría do espello, La valiente, Notamotof  eMinotauromaquia.

As proxeccións tiveron lugar en diversos puntos da vila: no cine Teatro, na fachada do cine Colón, en puntos do casco antigo, no auditorio municipal, etc.
O prezo de cada sesión era de 2€, mentres que o abono para os 4 días custaba 15€.
 
Os gañadores, elixidos a través dos votos do público, puideron recoller os seus galardóns na gala de clausura presentada por Isabel Blanco e Serxio Pazos.
Os premios para as tres mellores curtametraxes foron:
   - Misto de Ouro ao mellor traballo: dotado de 3000€ e patrocinado por Caixa Galicia Imaxinarte. Gañado por A boa caligrafía, de Ciudadano Frame.
   - Misto de Prata á mellor curta galega: dotado de 1000€ e patrocinado polo Consocio Audiovisual de Galicia. Este premio foi para O abismo, de Matriuska Producións.
   - Misto de Pau: un trofeo, outorgado a Voando, realizado polo Taller de curtametraxes de Allariz.

As máis de 160 persoas inscritas no festival tiveron a opción de escoller dous tipos de bonos:

   - Un de 25€ que incluía o acceso a todos os actos do festival, o aloxamento nun albergue ou nunha zona de acampada, unha camiseta e un corto no bar oficial.
   - Un bono de 15€ que, a diferenza do anterior, non incluía aloxamento.

O festival contou con seccións paralelas como Work in progress, onde o directorMario Iglesias presentou o seu filme De bares.

Carlos IglesiasIsabel Blanco e Nieve de Medina mostraron un avance de 1 franco, 14 pesetas.
 
Ademais, nestes días celebráronse mesas redondas e coloquios con numerosos profesionais do sector. Actores, actrices, productores e directores como Serxio PazosIsabel BlancoNieve de Medina, Carlos IglesiasÁngel de la CruzJorge CoiraJuan Pablo EtcheverryManolo Gómez e Miguel de Lira, estiveron presentes para falar da súa experiencia no audiovisual.
 
Por outra banda, tampouco faltaron a música, o teatro e a literatura.
No Mistura Sound Festival, participaron Uno+Uno, Safari Orquestra, Dios que te crew, Furnier e Match Video DJ. 
Chequeré, Vado Permanente, Cornelius e Mercedes Peón tamén actuaron no marco do Festival ON&OFF.
O teatro na rúa estivo presente da man de Mofa e Befa e a houbo un oco para a literatura coa presentación do libro Esta noite no cinema, do director Raúl Veiga.

 
A boa acollida do ON&OFF fixo posible que, un ano despois, Ribadeo acollese unha nova edición do festival.
Ler máis...
Suscrición a este RSS feed
Warning: count(): Parameter must be an array or an object that implements Countable in /var/www/vhosts/ribadeo.com/httpdocs/templates/meet_gavern/html/com_k2/templates/default/user.php on line 131

Facebook Wall

Twitter

Error: no data

FacebookG+TwitterRSS