Login
Main menu

Paseo por Ove

Paseo por Frieira (Ove) (11 km)

 

Comeza o paseo diante da piscina municipal de Ribadeo, para ir por Veigadaira e San Juan cara ao Valín e Pastoriza. Neste tramo seguimos o Camiño Norte de Santiago, por pistas de terra; o resto do paseo será por estradas comarcais, asfaltadas. Asi ao fondo de Pastoriza a estrada da dereita leva a Frieira Vella e Frieira Nova onde está o area de descanso coa mellor panorámica da Ría de Ribadeo. Este é o lugar previsto para descansar.

No camiño de regreso, pasaremos por Casas Novas, A Graña, Os Guildeiros e As Aceas, onde teremos que baixar á estrada xeral para de inmediato subir á Palmeira e volver por o Campín, O Castelo e Os Malatos, regresando a Veigadaira e a Ribadeo.

 

Ler máis...

Xira de Santa Cruz

A XIRA

Así é coñecido o DIA DA GAITA E ROMARIA A SANTA CRUZ, festa popular e gastronómica, que a ASOCIACION AMIGOS DA GAITA GALEGA organiza o primeiro Domingo de Agosto no entorno do monte de Santa Cruz, fermosa atalaia sobor da Ría de Ribadeo; así quedóu establecido dende 1.965 aínda que a festa xá se celebrase con anterioridade.

Ler máis...
Suscrición a este RSS feed

FacebookG+TwitterRSS