Login
Main menu
  • Praia das Catedrais
  • Praza de España
  • Porto Deportivo
  • Ría de Ribadeo

Club de Tenis

Desde 1980, ano da súa fundación, as pistas do Club de Tenis Ribadeo son escenario de diversos campionatos, entre eles o prestixioso torneo aberto que se celebra cada verán e no que se dan cita un gran número de xogadores nas súas diversas modalidades.

 

Ler máis...

Club Aéreo

As súas instalacións foron construídas en Vilaframil por un grupo de afeccionados e de persoas interesadas en que houbese un aeroporto destas características na nosa vila. Estas persoas forman o Club Aéreo de Ribadeo, para a práctica dos deportes aéreos.
Conta cunha pista de 900 metros de longo por 80 metros de ancho, dos que 870x18 metros, son asfaltados.

 

O aeródromo é apto tanto para avións como para ultralixeiros. Ao longo do ano, son varias as probas que se organizan nas súas instalacións, sendo xa en varias ocasións remate e comezo de varias probas aéreas.

Ler máis...

Real Club Náutico

O Club Náutico de Ribadeo fundado o 22 de agosto de 1.974 (logo doutra tentativa anterior), conta na actualidade con 800 socios e máis de 350 embarcacións.


Os servizos e actividades que o CLUB NÁUTICO DE RIBADEO ofrece e realiza durante todo o ano son moi diversos, aínda que a súa actividade principal desenvólvese nos meses de verán.


Actualmente conta coas seccións VELA e MERGULLO. A máis recente é a nova sección dedicada á PESCA DEPORTIVA.
Cada unha destas seccións organiza cursos e cursillos periodicamente e durante todo o ano.


O Club Náutico foi desde os seus inicios unha sociedade moi enraizada nos ribadenses e sempre buscou e segue buscando, que Ribadeo se una definitivamente á súa Ría e ao mar, a quen por motivos topográficos e de desenvolvemento estivo ás veces dando as costas.


A partir dos anos noventa xurdiu o despegamento do Club e a súa adecuación ás novas esixencias que supuña xa contar cun número de socios e de embarcacións que demandaban máis e mellores servizos.


Lenta, pero constantemente, fóronse incrementando os servizos e as instalacións, así como as actividades desenvolvidas, chegando a ser o Club máis importante desta zona da costa cantábrica contando na actualidade con 800 socios e máis de 400 embarcacións.

Ler máis...
Suscrición a este RSS feed

Twitter

  • RT @arealidade_2016: Aquí se reparaban y se construían los barcos en Ribadeo, hace mucho tiempo atrás. @Ribadeo_Online #arealidadenosollosd…
  • @arealidade_2016 @Ribadeo_Online
  • RT @RiadeRibadeo: Espérovos a todos ás 11:00 na Casa da Xuventude para falar das aves da #RíadeRibadeo @TurismoRibadeo @Ribadeo_Online http…

Siguenos en Twitter

Mareas

CookiesAccept

¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnoloxías semellantes.

Si non muda a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso.

I understand

FacebookG+TwitterRSS