Ferias, Costumbres y Fiestas
Ferias y mercados:
Los miércoles (Ribadeo);
Los domingos de verano Mercado del Rural
Ferias y mercados:
Los miércoles (Ribadeo);
Los domingos de verano Mercado del Rural
No mes de Marzo de 1983, un pequeno grupo formado por 21 persoas, pensaron que o Entroido de Ribadeo, podía converterse na festa popular por excelencia, a pouco que o intentasen con entusiasmo e ganas de saír adiante.
Sabíase que a xente estaba desexosa de tomar parte activa no Entroido, de disfrazarse e gozar dunhas xornadas tan propicias para a esmorga. Tras unha reunión previa, quedou constituída a Comisión do Entroido, encargada de organizar os do ano 1984.
En coche
Desde Asturias
Desde Oviedo (152 kmts) ou Xixón (150 Kmts) tomaremos a estrada que nos leva pola costa asturiana ata Barres (Castropol) onde deixaremos de lado a estrada que vai cara a Vegadeo continuando recto cara a Ribadeo ata cruzar a Ponte dos Santos e alcanzar o centro urbano, xusto ao finalizar a ponte onde se encontra o poligono industrial, en dirección contraria ó poligono poderemos tomar a circuvalación que nos permitirá entrar polo outro lado da Vila, ou ben tomar a rotonda para,a esquerda, entrar ó casco Urbán. Esta ruta podese realizar casi completamente por Autovia.
Desde Galicia
Desde Lugo podemos tomar a estrada que vai por Meira e A Pontenova ata Ribadeo (87 kmts), unha estrada sen trafico ben asfaltada aínda que con bastantes curvas no tramo de baixada desde Marco de Alvare. Desde esta existen desvios a Abadin ou Mondoñedo que ademais de aforrar kmts permiten disfrutar dunhas preciosas vistas.Tamén se pode ir por Rabade, Vilalba, Mondoñedo e Barreiros (103 kmts), ten máis trafico pero a estrada non é tan sinuosa como a outra indicada, esta ruta podese facer completamente por Autovia por unhos kmts mais.
Desde Santiago (177) ou A Coruña (156) tomaremos a A6 ata Baamonde, para continuar por Vilalba, Mondoñedo e Barreiros ata Ribadeo podendo continuar todo o traxecto por Autovia.
En autobús
Desde Oviedo, Xixón ou Aviles existen autobuses todo o día cada 2 horas ou menos ata Ribadeo, o mesmo que desde Lugo ou Coruña.
Existen combinacións con Madrid, Santiago, Tuy, Bilbao e Burgos sen transbordo.
Máis información en www.alsa.es www.arriva.es
En tren
Existe unha estación de FEVE que comunica por tren as poboacións de Ferrol e Avilés dúas veces ao día, dispón duns modernos vagóns e pódese gozar da bela paisaxe das nosas costas.
Máis información www.feve.es
Por Mar
Dispomos dun completo porto deportivo con todos os servizos ao que se lle outorgou a Bandeira Azul da UE.
O porto esta situado en 43º 32' 05'' N e 07º 02' 22'' W é un porto importante de refuxio pois Xixón está a 64 millas náuticas e A Coruña a 81 e as características da nosa Ría fai dela un porto moi seguro.
Por Aire
Ribadeo dispón dun pequeno aerodromo en Vilaframil (a 4 kmts do centro urbano) Conta cunha pista de 900 metros de longo por 80 metros de ancho, dos que 870x18 metros, son asfaltados. O aeródromo é apto tanto para avións como para ultralixeiros.
Está situado 43º 33' 13'' N e 07º 05' 11'' W con altura de 25 metros, limiares 08 e 26 e clasificación 1B