Login
Main menu
A Devesa

A Devesa

Santa Eulalia de A Devesa pertence ao Arciprestazgo de Ribadeo e os 722 habitantes de 1991 censados daban unha media de 33 hab/km2.

Esta parroquia está situada no extremo noroeste do municipio. Polo Oeste e o sur limita co concello de Barreiros,separados polo regato do Perdón, de norte a sur as  parroquias barreirenses : Santiago de Reinante, San Miguel de Reinante e Vilamartin Pequeno. Polo sur limita con Arante e ao sureste con Covelas e coa ladeira noroeste do Mondigo. Polo este con Vilaframil e no nordeste no lugar de Meirengos con Rinlo.

 É a máis grande de Ribadeo, cunha extensión de 22,675 Km², o que representa o 21 % do territorio total de Ribadeo. Nesta parroquia atopámonos coa agreste beleza das súas praias, a famosa praia de As Catedrais e as praias próximas de Esteiro e Os Castros.

 As praias de As Catedrais e Os Castros lucen a bandera azul da Unión Europea. Tamén dispón de dita bandera en Ribadeo no porto deportivo de Porcillán.

Nesta parroquia ubícase o Albergue Xuvenil de A Devesa, un campamento que se abre en época estival para realizar acampadas. Tamén podemos atopar unha cooperativa agrícola modelo que trascende ao ámbito municipal nas súas actividades, a cooperativa "Os Irmandiños".

A igrexa parroquial de Santa Eulalia é do século XVI e conserva imaxinería e orfebrería de interés. No lugar de Os Castros quedan restos de castros celtas de certa importancia.

Conta coas seguintes poboacions: O Rato, A Rochela, Meirengos, Vilagüiz, Vilandriz, Cinxe, Noceda e Pedreira.


Arquitectura Civil

O Circulo Habanero, Casa Place, Casa Maseda e outras de estilo colonial a carón da estrada xeral.


Arquitectura Relixiosa

Iglesia de Santa Eulalia da Devesa (século XVI), pero con reformas posteriores. Consta dunha nave con bóveda de arista en tres tramos, sobre arcos faxóns. Na fachada,un arco escarzano e unha torre de dous corpos rematada por cúpula de media laranxa. No seu interior, un retablo neoclásico do século XIX e tres barrocos do XVIII. No apartado de orfebrería posee tres cálices e un copón, de prata e ouro, respectivamente.

Capela de San Ramón (Devesa), con retablo barroco do XVIII, ao que se lle incorporou un Cristo do XVII.
 
Nesta parroquia atopase a famosa Praia de As Catedrais
 
Califica
(0 votos)

Artigos relacionados

Media

As Catedrais ou Augas Santas
Máis nesta categoría: Vilaframil »

Deixa un comentario

Comprobe introducir (*) a información requerida onde se indica. HTML non permitido.

Ir a cima

Twitter

  • RT @arealidade_2016: Aquí se reparaban y se construían los barcos en Ribadeo, hace mucho tiempo atrás. @Ribadeo_Online #arealidadenosollosd…
  • @arealidade_2016 @Ribadeo_Online
  • RT @RiadeRibadeo: Espérovos a todos ás 11:00 na Casa da Xuventude para falar das aves da #RíadeRibadeo @TurismoRibadeo @Ribadeo_Online http…

Siguenos en Twitter

CookiesAccept

¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnoloxías semellantes.

Si non muda a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso.

I understand

FacebookG+TwitterRSS