Login
Main menu
Vilaframil

Vilaframil

San Lourenzo de Vilaframil sitúase na zona centro-norte do municipio de Ribadeo. ten unha superficie de 7,85 Km² e rolda os 300 habitantes. Limita ao leste con Covelas e A Devesa ao noroeste con Rinlo e ao oeste con Piñeira e polo norte os cantiis que dan ao mar Cantábrico.


Ten dúas zonas moi definidas, a rasa litoral prácticamente chaira onde está a maior parte da poboación e por onde se sitúa a estrada da costa e o ferrocarril de FEVE. Na zona sur a parroquia faise montañosa alcazando os 300 mts de altitude.


Crúzana tres arroios: o máis oriental serve de límite con Piñeira, o central da Capela nace un pouco máis arriba da Madanela e desemboca na ensenada de Liñares., o occidental de San Xulián, pasa polo lugar do mesmo nome e desemboca no porto de Rinlo.


Nesta parroquia crease a mediados de século unha escola para os agricultores do municipio a Granxa Escola Pedro Murias subvencionada por un ribadense que emigrou a Cuba. Estivo uns anos pechada pero volveuse a abrir como centro de Capacitación Agraria dependente da Xunta de Galicia.


Moi preto poderemos atopar o Aeródromo de Ribadeo creado polo Club Aereo de Ribadeo unha pista totalmente asfaltada para voos locais cos seus hangares.


Os seus habitantes repártense en 11 entidades de poboación: Madanela, San Xulián, Campo do Balado, Coto, Campo de San Lorenzo, Requeixada, Riocaínzos, Piñeiral, Tombín, Coedo

Califica
(0 votos)
Máis nesta categoría: « A Devesa Arante »

Deixa un comentario

Comprobe introducir (*) a información requerida onde se indica. HTML non permitido.

Ir a cima

CookiesAccept

¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnoloxías semellantes.

Si non muda a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso.

I understand

FacebookG+TwitterRSS