Login
Main menu

admin

Website URL:

Por Vilaosende y Couxela

Paseo por Santalla e Couxela (9 km)

Para saír desde Ribadeo é necesario levar o coche ata o Mesón A Ruca en Porto de Arriba, Parroquia de Santalla de Vilaosende.

Por unha pista asfaltada, logo da subestación do gas , baixamos á Curuxeira e O Carbón, para saír á estrada de Santalla onde se atopa o pazo de Quintalonga. Seguimos despois polos lugares de Torre e Santalla de Arriba, onde se pode ver o que queda da espectacular entrada á antiga igrexa.

Logo de pasado Santalla, no primeiro cruzamento á esquerda, outra pista tamén con asfalto sobe cara á Venta (160 m altitude), e baixa por Cima de Vila ata a estrada de Couxela, cara á esquerda, levaranos cara a Sindín, onde nos desviaremos para ir ao Fornelo.

O kilometro e medio que falta para regresar a Porto será atravesando monte por pista de terra e camiños, anchos e de andar fácil pero humedos. Por alí pódese parar un momento para descansar.

Recomendamos a visita aos dous Portos ( De Arriba e de Abaixo) e ao tunel do tren de Vilaodrid.

 

 

 

Read more...

Paseo por Ove

Paseo por Frieira (Ove) (11 km)

 

Comeza o paseo diante da piscina municipal de Ribadeo, para ir por Veigadaira e San Juan cara ao Valín e Pastoriza. Neste tramo seguimos o Camiño Norte de Santiago, por pistas de terra; o resto do paseo será por estradas comarcais, asfaltadas. Asi ao fondo de Pastoriza a estrada da dereita leva a Frieira Vella e Frieira Nova onde está o area de descanso coa mellor panorámica da ría de ribadeo. Este é o lugar previsto para descansar.

No camiño de regreso, pasaremos por Casas Novas, A Graña, Os Guildeiros e As Aceas, onde teremos que baixar á estrada xeral para de inmediato subir á Palmeira e volver por o Campín, O Castelo e Os Malatos, regresando a Veigadaira e a Ribadeo.

 

Read more...

Rinlo a Ribadeo

 

Para chegar a Rinlo viaxarase en tren, saíndo da estación de FEVE de Ribadeo ás 11 da mañá. Camiñaremos por rúas e ruelas cara ao sur do núcleo urbano; por unha pista sen asfalto chegamos a Punta Corveira, para regresar pola costa, visitando as tres cetareas e percorrendo o novo paseo marítimo.

Ao chegar á pista polideportiva, continúase polo camiño de serventía pegado ao mar. Na ensenada de Liñares, éntrase na parroquia de Vilaframil e logo das Pudias, na desembocadura do Rego do Couto, hai un area de esparexemento adecuada para descansar.

Pasado o regacho está o Castro de Piñeira e continuando o paseo pola ribeira do mar rodéase a peninsula de Celeirós. Pásase sobre as praias de Areosa e de Olga e éntrase en Vilaselán polo Castro das Grobas. Queda por visitar a desembocadura do río de Vilaselán, que se cruza fronte á depuradora, para terminar saíndo á pista que vai ata a praia de Areosa, xunto a Rocas Brancas e a illa Pancha.

Vólvese a Ribadeo pola Chousa, A Torre, O Circo e Campoxurado.

Read more...
Subscribe to this RSS feed
Warning: count(): Parameter must be an array or an object that implements Countable in /var/www/vhosts/ribadeo.com/httpdocs/templates/meet_gavern/html/com_k2/templates/default/user.php on line 131

Facebook Wall

Twitter

Error: no data

FacebookG+TwitterRSS