O ferro e a Agua
A RUTA DOS OSCOS
A ZONA: Partindo da vila de Ribadeo adentraremonos nunha das comarcas máis bonitas e á vez máis impactantes na cornixa cantábrica.
O ferro, a pedra e a auga conforman o factor común que nos ha de rodear na inigualable comarca dos Oscos.
AGUILLÓN: Xusto enfronte da casa consistorial de Vegadeo tomaremos a estrada que nos conducirá a Taramundi. Antes de chegar á citada vila topamos coa aldea de Aguillón. Non podemos perder a visita ao seu famoso mazo.
TARAMUNDI: Continuando a estrada que tomamos en Vegadeo, chegamos á capital da comarca: Taramundi.
Aquí veremos o Hotel "A Reitoral". A maior parte do antigo edificio está escavado na pedra. O centro do pobo, cos seus comercios de ultramarinos e de artesanía típica da zona, coitelería, mel e derivados e outros produtos do campo.
TEIXOIS: Enclave etnográfico único no seu xénero en toda a zona. Non podemos perder o mazo, o muíño, o xerador de corrente e en definitiva, todas as instalacións que nesta preciosa aldeíña existen.
A PONTENOVA: A principios do século pasado foi o centro mineiro e siderúrxico das instalacións de Vilaodrid, desde alí transportábase mineral ata o Cargadeiro de Ribadeo. Quedan en pé os fornos que convertían en aceiro o mineral extraído das minas existentes.
As troitas de río e o pastel de chicharons poñen a guinda gastronómica a este interesante enclave.
SAN TIRSO DE ABRES: O paseo polo seu val pode ser altamente instructivo desde o punto vista hortícola se visitamos a infinidade de invernadoiros que alí se asentan. Podemos gozar ademais dunha enorme piscifactoría á que está permitido o acceso
Warning: count(): Parameter must be an array or an object that implements Countable in /var/www/vhosts/ribadeo.com/httpdocs/templates/meet_gavern/html/com_k2/templates/default/item.php on line 218
Related items
Image Gallery
https://www.ribadeo.com/en/guias/rutas-turisticas/42-rutas/162-o-ferro-e-a-agua.html#sigProGalleria06b2fda841
1 comment
-
I know this web sitye presents quality based
posts and additional stuff, is there any other
web site which offers these thinngs in quality? https://Www.Waste-ndc.pro/community/profile/tressa79906983/