
O FestivalON 2009
En 2009, o festival de curtas ON&OFF pasou a chamarse OFestivalON e estivo organizado un ano máis por Mr Misto Films e o Concello de Ribadeo.
Programa do festival:
42 curtas de varios países foron seleccionadas para formar parte da sección oficial, dividida en 6 bloques que se proxectaron no Cantón e no cine Teatro:
- Bloque 1: El encargado, No corras tanto, Pánico a una muerte ridícula, La Sortie, C'est la vie, The Road, Ferro ardendo
- Bloque 2: The werepig, Niño balcón, Tan preto e tan lonxe, Mi chiamo Seby, La leyenda del ladrón del árbol de los colgados, Socarrat, In the name of God
- Bloque 3: 0'8 miligramos, Continuará, Runners, Matando el sueño, On/Off, Túneles en el río, Encanto
- Bloque 4: En(terrados), You are my hero, A fábrica, Broken Horizon, Pim, pam, pum, Soy Meera Malik, On the line
- Bloque 5: Miente, Muto, La chica dentro de la caja, Vellas, El misterio del pez, Stikk, Funfair
- Bloque 6: O raio transparente, Campás, Marruecos, un viaje de colores, Teherán 3 18, A miña casa é un inferno, Mei Ling, La carrera
Por outra banda, do 27 ao 31 de xullo, graváronse as tres curtas de A toda mecha:
- Placebo, de Andreia Táboas e Ana Belén Diz
- Favores en cadea, Jose María Picón
- Para mariñeiros nós, de Omar Rabuñal
A principal novidade deste ano foi a integración dos máis pequenos no festival, coa presenza da Caixiña de Mistos.
Ademais de poder ver curtas infantís e votar as súas preferidas, os nenos participaron nun obradoiro de stop motion, onde gravaron as súas propias pezas.
A eles tamén estivo dirixida a actuación teatral do grupo Migallas.
Na gala de clausura, que contou coa actuación do grupo de jazz Lucía Martínez Cuarteto, fíxose a entrega dos premios, que foron para:
- Misto de Pau de Sabugueiro á mellor curta de ficción para On the line, de Jon Garaño.
- Misto de Pau de Castiñeiro á mellor curta de animación para El misterio del pez, de Giovanni Maccelli.
- Misto de Pau de Carballo á mellor curta documental para A fábrica, de Marcos Nine.
- Misto de Pau de Loureiro, elixido polo público, para Ferro ardendo, de Miguel García Fernández.
Nesta ocasión o xurado estivo composto por Antonio Mourelos, Santiago Jaureguízar e María Acuña Rodríguez.
E en 2010 chegou a VI e última edición do festival de curtas de Ribadeo...
{gallery}http://www.flickr.com/photos/ofestivalon/sets/72157624149268775/{/gallery}
Warning: count(): Parameter must be an array or an object that implements Countable in /var/www/vhosts/ribadeo.com/httpdocs/templates/meet_gavern/html/com_k2/templates/default/item.php on line 218