En coche Desde Asturias Desde Oviedo (152 kmts) ou Xixón (150 Kmts) tomaremos a estrada que nos leva pola costa asturiana ata Barres (Castropol) onde deixaremos de lado a estrada que vai cara a Vegadeo continuando recto cara a Ribadeo ata cruzar a Ponte dos Santos e alcanzar o centro urbano, xusto ao finalizar a ponte onde se encontra o poligono industrial, en dirección contraria ó poligono poderemos tomar a circuvalación que nos permitirá entrar polo outro lado da Vila, ou ben tomar a rotonda para,a esquerda, entrar ó casco Urbán. Esta ruta podese realizar casi completamente por Autovia. Desde Galicia Desde Lugo podemos tomar a estrada que vai por Meira e A Pontenova ata Ribadeo (87 kmts), unha estrada sen trafico ben asfaltada aínda que con bastantes curvas no tramo de baixada desde Marco de Alvare. Desde esta existen desvios a Abadin ou Mondoñedo que ademais de aforrar kmts permiten disfrutar dunhas preciosas vistas.Tamén se pode ir por Rabade, Vilalba, Mondoñedo e Barreiros (103 kmts), ten máis trafico pero a estrada non é tan sinuosa como a outra indicada, esta ruta podese facer completamente por Autovia por unhos kmts mais. Desde Santiago (177) ou A Coruña (156) tomaremos a A6 ata Baamonde, para continuar por Vilalba, Mondoñedo e Barreiros ata Ribadeo podendo continuar todo o traxecto por Autovia. From Address: JavaScript must be enabled in order for you to use Google Maps. However, it seems JavaScript is either disabled or not supported by your browser. To view Google Maps, enable JavaScript by changing your browser options, and then try again. En autobús Desde Oviedo, Xixón ou Aviles existen autobuses todo o día cada 2 horas ou menos ata Ribadeo, o mesmo que desde Lugo ou Coruña. Existen combinacións con Madrid, Santiago, Tuy, Bilbao e Burgos sen transbordo. Máis información en www.alsa.es www.arriva.es En tren Existe unha estación de FEVE que comunica por tren as poboacións de Ferrol e Avilés dúas veces ao día, dispón duns modernos vagóns e pódese gozar da bela paisaxe das nosas costas. Máis información www.feve.es Por Mar Dispomos dun completo porto deportivo con todos os servizos ao que se lle outorgou a Bandeira Azul da UE. O porto esta situado en 43º 32' 05'' N e 07º 02' 22'' W é un porto importante de refuxio pois Xixón está a 64 millas náuticas e A Coruña a 81 e as características da nosa Ría fai dela un porto moi seguro. Por Aire Ribadeo dispón dun pequeno aerodromo en Vilaframil (a 4 kmts do centro urbano) Conta cunha pista de 900 metros de longo por 80 metros de ancho, dos que 870x18 metros, son asfaltados. O aeródromo é apto tanto para avións como para ultralixeiros. Está situado 43º 33' 13'' N e 07º 05' 11'' W con altura de 25 metros, limiares 08 e 26 e clasificación 1B