Santalla de Vilaosende cos seus aproximadamente 250 habitantes dan unha media de 20 habitantes por km2. Ocupa o sector sur-leste de o municipio. Toda a súa parte leste está bañada pola Ría de Ribadeo que divide Asturias e Galicia co Concello de Vegadeo como veciño. Destaca nesta zona as marismas da Xunqueira e en Reme atoparemos un observatorio Ornitolóxico. Polo norte o río Grande establece o límite con Ove e ao Noroeste Covelas e ao suroeste con Cedofeita. Practicamente o sur limita con Couxela Ten unha extensión de 10,05 Km² e conta con sete entidades de poboación: Vilaosende, Porto, Santalla, Lourido, Torre, Santo Tomei e Carbón. Arquitectura Relixiosa Santalla de Vilaosende, con imaxes barrocas, do século XVIII Arquitectura Civil Restos do Pazo de Quinta Longa (Vilaosende), conxunto en mal estado de conservación, composto por: patio, corredor, cociña e capela. No muro oriental campea unha pedra de armas ovalada, cos emblemas dos Montenegro e Luaces