Login
Main menu
Banda Sinfónica Municipal de Ribadeo

Banda Sinfónica Municipal de Ribadeo

Corría el año 1989 y, a través de una iniciativa civil privada vecinal se intentaba recuperar la ledicia xamais esquecida(alegría jamás olvidada) de recuperar una banda en Ribadeo.

Se iniciaba así la constitución de una comisión gestora para crear una Academia de Música y la captación de socios y afiliados con una masiva respuesta social ribadense. También de esta manera comienzan los contactos para conseguir profesor-director.Se contacta con Hernán Naval para la formación musical de los asociados hasta alcanzar el nivel necesario para la creación de una banda de música y, al mismo tiempo,se constituye a tal fin la asociación “Amadores da Música”. El 25 de Enero del año 1992, casi un año antes de lo previsto, con cuarenta y un músicos de edades comprendidas entre los diez y los cincuenta años, llenos de nervios y bajo la batuta de Hernán Naval,se presenta la Banda de Ribadeo en la iglesia parroquial con un programa que juntaba “tradición e modernidade” y que obtendría un rotundo éxito en Ribadeo y alrededores. “Hoxe nen os santos o cren” (Hoy ni los santos lo creen) contaron algunos cronistas oficiosos ribadenses que se dijo aquel día en la iglesia. Al año siguiente y en virtud de un convenio firmado entre el Excmo Concello de Ribadeo y la asociación “Amadores da Música” la banda pasaría a llamarse Banda Municipal de Ribadeo.

 

(Identificadas coa troula festiva, as bandas populares sofren aínda hoxe un algo, o apunte dun damóclito índice: dianas e alboradas entre nove e doce, procesión á unha, sesión vermouth(antes pezas da misa) ás dúas, concerto (?) ás sete, verbena de dez da noite a tres da madrugada...A soprar!. Hernán Naval. La Voz de Galicia.Xaneiro 92)

(Identificadas con la juerga festiva,las bandas populares sufren aún hoy un algo,el apunte de un damóclito índice: dianas y alboradas entre nueve y doce,procesión a la una,sesión vermouth (antes piezas de la misa) a las dos,concierto (?) a las siete,verbena de diez de la noche a tres de la madrugada...A soplar!)

Quizás precisamente por marcar otras líneas musicales en un contorno donde pesaban más las tradiciones, e intentar dignificar las bandas como herramienta cultural como obsesión permanente de su director, el heterodoxo proceder de la banda municipal y sus líneas musicales que acercaban la música a públicos y gustos de distintas edades fueron en ascenso y Hernán Naval, alrededor de su trabajo consiguió articular el resurgir de la banda de música que sacó de la nada hasta convertirla en una potente formación con más de ochenta músicos que pasó a ser banda sinfónica motivando a músicos, padres y público en general y dinamizando el panorama musical ribadense. También hizo un gran traballo en la Escola de Música, atrayendo y formando cientos de niños y apoyando todas las agrupaciones que nacieron bajo su seno (Banda Infantil, Contrabanda, Orquesta de cuerdas, Contrabandiña,…).

Así, bajo su batuta, la banda ribadense marcó hitos importantes como la publicación de un compacto en el año 1997. En este disco, que cosechó un importante éxito de ventas y de crítica, participó o prestigioso pianista cubano Antonio Queija Uz, interpretando el Andante Spianato y la Grande Polonesa en Mi Bemol Mayor de Chopin, acompañado por la propia Banda. El director de la agrupación, el profesor Hernán Naval, realizó la transcrición de la parte orquestral. Esta grabación, parcialmente realizada en directo, es buena muestra del heterodoxo proceder de la Banda en su corta pero intensa trayectoria: música clásica de carácter sinfónico, bandas sonoras, nueva música para orquestra de viento y percusión…, siempre desde un concepto de la actividad bandística de carácter educativo, tanto para el público como para la propia banda. También con Hernán Naval la banda actuó en las principales ciudades de Galicia y teatros de la geografía gallega y en diversos puntos del estado español (Madrid, Barcelona, Murcia, Oviedo, Aranjuez, etc..) y también en Portugal (Loures, Lisboa,…). Asimismo actuó e hizo grabaciones en la RTVG y en Televisión Española y tenía casi ultimada la gravación del material para dos discos más…

El 17 de Mayo do 2001 y a punto de finalizar la grabación de dos CD's, la banda sufrió un duro golpe por el fallecimiento de quien fuera su creador, director y principal impulsor, Hernán Naval. Duro golpe no sólo para la Banda en particular sino también para el mundo bandístico en general y mismo a nivel nacional tanto como para el mundo de la enseñanza musical y de las escuelas de música. Las múltiples facetas de Hernán Naval como arreglista, compositor, articulista, organizador, poeta, escritor, político y educador musical dejaron un gran vacío. Para terminar la grabación en curso, la Banda Municipal de Ribadeo contó con la colaboración de Marcel van Bree, (prestigioso director amigo persoal de Hernán) que se prestó voluntariamente a colaborar con el proyecto por terminar.

Hoy en día la Banda Municipal de Ribadeo sigue existiendo bajo a gestión de “Amadores da Música” en colaboración con el Excmo Concello de Ribadeo. En este tiempo pasó por las manos de diversos directores como Marcel van Bree, Mariano Rivas, J. Luis Alvarez Braña e Bernardo Mendez. Actualmente, y bajo la batuta de su director actual Lourenço Filipe da Silva Cruz realiza anualmente una programación estable de conciertos en Ribadeo, incluyendo programas monográficos (música de cine, música relixiosa, etc.) y otros como el de Navidad (“Aqui como en Viena”) forman parte ya de los eventos culturales tradicionales de la localidad. Igualmente el Festival de Bandas que desde 1995 organiza anualmente en el mes de Julio o Agosto.

 

Banda Sinfonica Municipal de Ribadeo

Amadores da Música

Tamén desta maneira comezan os contactos para conseguir profesor-director.Contáctase con Hernán Naval para a formación musical dos asociados até acadar o nivel necesario para a criación dunha banda de música e, ao mesmo tempo, constituese a tal fin a asociación “Amadores da Música”. O 25 de xaneiro do ano 1992, case un ano antes do previsto, con corenta e un músicos de idades comprendidas entre os dez e os cincuenta anos, ateigados de nervios e baixo a batuta de Hernán Naval, preséntase a Banda de Ribadeo na igrexa parroquial cun programa que xuntaba “tradición e modernidade” e que acadaría un rotundo éxito en Ribadeo e arredores. “Hoxe nen os santos o cren” contaron algúns cronistas oficiosos ribadenses que se dixo aquel día na igrexa. O ano seguinte e en virtude dun convenio asinado entre o Excmo Concello de Ribadeo e a asociación “Amadores da Música” a banda pasaría a chamarse Banda Municipal de Ribadeo.

(Identificadas coa troula festiva, as bandas populares sofren aínda hoxe un algo, o apunte dun damóclito índice: dianas e alboradas entre nove e doce, procesión á unha, sesión vermouth(antes pezas da misa) ás dúas, concerto (?) ás sete, verbena de dez da noite a tres da madrugada...A soprar!. Hernán Naval. La Voz de Galicia.Xaneiro 92)

Quizais precisamente por marcar outras liñas musicais nun contorno onde pesaban máis as tradicións, e tentar dignificar as bandas como ferramenta cultural coma teima permanente do seu director, o heterodoxo facer da banda municipal e as súas liñas musicais que achegaban a música a públicos e gustos de distintas idades foron en ascenso e Hernán Naval, ao redor do seu traballo conseguiu artellar o rexurdimento da banda de música que sacou da nada ata convertela nunha potente formación con máis de oitenta músicos que pasou a ser banda sinfónica motivando a músicos, pais e público en xeral e dinamizando o panorama musical ribadense. Tamén fixo un gran traballo na Escola de Música, atraendo e formando centos de rapaces e apoiando todas as agrupacións que naceron baixo o seu seo (Banda Infantil, Contrabanda, Orquestra de cordas, Contrabandiña,…).

Así, baixo a súa batuta, a banda ribadense marcou fitos importantes coma a publicación dun compacto no ano 97. Neste disco, que colleitou un importante éxito de vendas e de crítica, participou o prestixioso pianista cubano Antonio Queija Uz, interpretando o Andante Spianato e Grande Polonesa en Mi Bemol Maior de Chopin, acompañado pola propia Banda. O director da agrupación, o profesor Hernán Naval, realizou a transcrición da parte orquestral. Esta gravación, parcialmente realizada en directo, é boa mostra do heterodoxo proceder da Banda na sua curta pero intensa traxectoria: música clásica de carácter sinfónico, bandas sonoras, nova música para orquestra de vento e percusión…, sempre dende un concepto da actividade bandística de carácter educativo, tanto para o público como para a propia banda. Tamén con Hernán Naval a banda actuou nas principais cidades de Galicia e teatros da xeografía galega e en diversos puntos do estado español (Madrid, Barcelona, Murcia, Oviedo, Aranjuez, etc..) e tamén en Portugal (Loures, Lisboa,…). Asimesmo actuou e fixo gravacións na RTVG e na Televisión Española e tiña case ultimada a gravación do material para dous discos máis…

O 17 de maio do 2001 e a punto de finalizar a gravación de dous CDs, a banda sufriu un duro golpe polo pasamento de quen fora o seu criador, director e principal impulsor, Hernán Naval. Duro golpe non só para a Banda en particular senón tamén para o mundo bandístico en xeral e mesmo a nivel nacional tanto coma para o mundo da ensinanza musical e das escolas de música. As múltiples facetas de Hernán Naval como arregrista, compositor, articulista, organizador, poeta, escritor, político e educador musical deixaron un grande baleiro. Para rematar a gravación en curso, a Banda Municipal de Ribadeo coa colaboración de Marcel van Bree, (prestixioso director amigo persoal de Hernán) que se prestou voluntariamente a colaborar co proxecto por rematar.

Hoxe en día a Banda Municipal de Ribadeo segue a existir baixo a xestión de “Amadores da Música” en colaboración co Excmo Concello de Ribadeo. Neste tempo pasou polas mans de diversos directores coma Marcel van Bree, Mariano Rivas, J. Luis Alvarez Braña e Bernardo Mendez. Actualmente, e baixo a batuta do seu director actual Lourenço Filipe da Silva Cruz realiza anualmente unha programación estábel de concertos en Ribadeo, incluindo programas monográficos (música de cine, música relixiosa, etc.) e outros como o de Nadal (“Aqui como en Viena”) forman parte xa dos eventos culturais tradicionais da localidade. Igualmente o Festival de Bandas que desde 1995 organiza anualmente no mes de xullo ou agosto.

Corría o ano 1989 e, a través dunha iniciativa civil privada veciñal tentábase recuperar a ledicia xamais esquecida de recuperar unha banda en Ribadeo. Iniciábase así a constitución dunha comisión xestora para crear unha Academia de Música e a captación de socios e afiliados cunha masiva resposta social ribadense. Tamén desta maneira comezan os contactos para conseguir profesor-director.Contáctase con Hernán Naval para a formación musical dos asociados até acadar o nivel necesario para a criación dunha banda de música e, ao mesmo tempo, constituese a tal fin a asociación “Amadores da Música”. O 25 de xaneiro do ano 1992, case un ano antes do previsto, con corenta e un músicos de idades comprendidas entre os dez e os cincuenta anos, ateigados de nervios e baixo a batuta de Hernán Naval, preséntase a Banda de Ribadeo na igrexa parroquial cun programa que xuntaba “tradición e modernidade” e que acadaría un rotundo éxito en Ribadeo e arredores. “Hoxe nen os santos o cren” contaron algúns cronistas oficiosos ribadenses que se dixo aquel día na igrexa. O ano seguinte e en virtude dun convenio asinado entre o Excmo Concello de Ribadeo e a asociación “Amadores da Música” a banda pasaría a chamarse Banda Municipal de Ribadeo.

(Identificadas coa troula festiva, as bandas populares sofren aínda hoxe un algo, o apunte dun damóclito índice: dianas e alboradas entre nove e doce, procesión á unha, sesión vermouth(antes pezas da misa) ás dúas, concerto (?) ás sete, verbena de dez da noite a tres da madrugada...A soprar!. Hernán Naval. La Voz de Galicia.Xaneiro 92)

Quizais precisamente por marcar outras liñas musicais nun contorno onde pesaban máis as tradicións, e tentar dignificar as bandas como ferramenta cultural coma teima permanente do seu director, o heterodoxo facer da banda municipal e as súas liñas musicais que achegaban a música a públicos e gustos de distintas idades foron en ascenso e Hernán Naval, ao redor do seu traballo conseguiu artellar o rexurdimento da banda de música que sacou da nada ata convertela nunha potente formación con máis de oitenta músicos que pasou a ser banda sinfónica motivando a músicos, pais e público en xeral e dinamizando o panorama musical ribadense. Tamén fixo un gran traballo na Escola de Música, atraendo e formando centos de rapaces e apoiando todas as agrupacións que naceron baixo o seu seo (Banda Infantil, Contrabanda, Orquestra de cordas, Contrabandiña,…).

Así, baixo a súa batuta, a banda ribadense marcou fitos importantes coma a publicación dun compacto no ano 97. Neste disco, que colleitou un importante éxito de vendas e de crítica, participou o prestixioso pianista cubano Antonio Queija Uz, interpretando o Andante Spianato e Grande Polonesa en Mi Bemol Maior de Chopin, acompañado pola propia Banda. O director da agrupación, o profesor Hernán Naval, realizou a transcrición da parte orquestral. Esta gravación, parcialmente realizada en directo, é boa mostra do heterodoxo proceder da Banda na sua curta pero intensa traxectoria: música clásica de carácter sinfónico, bandas sonoras, nova música para orquestra de vento e percusión…, sempre dende un concepto da actividade bandística de carácter educativo, tanto para o público como para a propia banda. Tamén con Hernán Naval a banda actuou nas principais cidades de Galicia e teatros da xeografía galega e en diversos puntos do estado español (Madrid, Barcelona, Murcia, Oviedo, Aranjuez, etc..) e tamén en Portugal (Loures, Lisboa,…). Asimesmo actuou e fixo gravacións na RTVG e na Televisión Española e tiña case ultimada a gravación do material para dous discos máis…

O 17 de maio do 2001 e a punto de finalizar a gravación de dous CDs, a banda sufriu un duro golpe polo pasamento de quen fora o seu criador, director e principal impulsor, Hernán Naval. Duro golpe non só para a Banda en particular senón tamén para o mundo bandístico en xeral e mesmo a nivel nacional tanto coma para o mundo da ensinanza musical e das escolas de música. As múltiples facetas de Hernán Naval como arregrista, compositor, articulista, organizador, poeta, escritor, político e educador musical deixaron un grande baleiro. Para rematar a gravación en curso, a Banda Municipal de Ribadeo coa colaboración de Marcel van Bree, (prestixioso director amigo persoal de Hernán) que se prestou voluntariamente a colaborar co proxecto por rematar.

Hoxe en día a Banda Municipal de Ribadeo segue a existir baixo a xestión de “Amadores da Música” en colaboración co Excmo Concello de Ribadeo. Neste tempo pasou polas mans de diversos directores coma Marcel van Bree, Mariano Rivas, J. Luis Alvarez Braña e Bernardo Mendez. Actualmente, e baixo a batuta do seu director actual David Ballester Martínez realiza anualmente unha programación estábel de concertos en Ribadeo, incluindo programas monográficos (música de cine, música relixiosa, etc.) e outros como o de Nadal (“Aqui como en Viena”) forman parte xa dos eventos culturais tradicionais da localidade. Igualmente o Festival de Bandas que desde 1995 organiza anualmente no mes de xullo ou agosto.

Valora este artículo
(0 votos)

Medios

Más en esta categoría: Xira de Santa Cruz »

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

volver arriba

Twitter

  • RT @arealidade_2016: Aquí se reparaban y se construían los barcos en Ribadeo, hace mucho tiempo atrás. @Ribadeo_Online #arealidadenosollosd…
  • @arealidade_2016 @Ribadeo_Online
  • RT @RiadeRibadeo: Espérovos a todos ás 11:00 na Casa da Xuventude para falar das aves da #RíadeRibadeo @TurismoRibadeo @Ribadeo_Online http…

Siguenos en Twitter

CookiesAccept

¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso.

Acepto

FacebookG+TwitterRSS