Login
Main menu

Vilaselán

 Parroquia situada na esquina nor-leste do municipio ribadense. Nela venérase con gran devoción (principalmente os mariñeiros), a imágen da Virxe (aparecida no mar, segundo a tradición). Polo Leste linda en todo o seu perímetro coa ría de ribadeo, ata o faro de de a illa Pancha que vixía a entrada da ensenada de Vilaselán, xa no sector norte que dá a mar aberto. Polo sur limita con Ribadeo cunhas fronteiras practicamente eliminadas pois xa hai barrios integrados no casco da vila como A Lodeira e Os Galos

 

O unico curso que atravesa a parroquia é o río de Vilaselán. A súa altitude é baixa non alcanza en ningún punto os 40 metros, ten unha superficie lixeiramente ondulada.


A súa extensión é de 3,10 Km² sendo a terceira con menor extensión. Unha boa parte desta parroquia está integrada no centro urbano. Entre outros barrios Picarolas, Os Galos, Igrexa, O Circo, As Barreiras, A Cruz e Xibraltar.


Arquitectura Relixiosa


Igrexa de Santa María de Vilaselán (século XVIII), con nave rectangular con catro arcos, capela maior con arco triunfal e bóveda de aresta, dúas sancristías, torre de campás sobre o frontis e pórtico encostado ao muro dereito da nave. No interior, retablo maior, de estilo neoclásico e dous laterais, de similar factura. Capela de San Miguel

 

Castro de Louselas

O achado arqueolóxico de Louselas, situado na parroquia de Vilaselán, atópase nestes momentos en fase de avaliación. Segundo os arqueólogos desprazados ao efecto, é un xacemento de gran importancia tanto pola súa extensión como pola cantidade de restos atopados ata o momento (algúns depositados no Museo de Vilalba). Auguran que probablemente sexa o maior e mellor xacemento de Galicia. Nestes momento estase executando a concentración parcelaria de Vilaselán e a zona que delimita o castro quedará reservada para investigación e exposición.

Leer más ...
Suscribirse a este canal RSS

Facebook Wall

Twitter

Error: no data

FacebookG+TwitterRSS