Login
Main menu

Por Vilaosende y Couxela

Paseo por Santalla e Couxela (9 km)

Para saír desde Ribadeo é necesario levar o coche ata o Mesón A Ruca en Porto de Arriba, Parroquia de Santalla de Vilaosende.

Por unha pista asfaltada, logo da subestación do gas , baixamos á Curuxeira e O Carbón, para saír á estrada de Santalla onde se atopa o pazo de Quintalonga. Seguimos despois polos lugares de Torre e Santalla de Arriba, onde se pode ver o que queda da espectacular entrada á antiga igrexa.

Logo de pasado Santalla, no primeiro cruzamento á esquerda, outra pista tamén con asfalto sobe cara á Venta (160 m altitude), e baixa por Cima de Vila ata a estrada de Couxela, cara á esquerda, levaranos cara a Sindín, onde nos desviaremos para ir ao Fornelo.

O kilometro e medio que falta para regresar a Porto será atravesando monte por pista de terra e camiños, anchos e de andar fácil pero humedos. Por alí pódese parar un momento para descansar.

Recomendamos a visita aos dous Portos ( De Arriba e de Abaixo) e ao tunel do tren de Vilaodrid.

 

 

 

Leer más ...

Couxela

Santiago de Couxela pertencente ao Arciprestazgo de Ribadeo tiña en 1991 unha densidade de case 40 hab/km2 para 185 habitantes da parroquia.


Couxela está situada no sur-este de o municipio e separada de Asturias polo río EO. é unha das parroquias máis pequenas de Ribadeo xa que a súa superficie é tan só de 4,9 Km².


Ningún arroio cruza a parroquia sendo os existentes os que o delimitan; limita en todo o norte con VIlaosende e ao leste con Cedofeita.


Polo sur, co regato de Ferreira de limite, con Trabada e o sector sueste está delimitado polo río Eo que o separa do veciño municipio asturiano de Vegadeo.


A pesar da súa escasa extensión, conta con 12 poboacións: Casais, Venda, Cima de Vila, Irexe, Cerdeiriña, Sendín, Casanova, Fornelo, Xunqueira, Moural, Rego e Meizán.

Leer más ...
Suscribirse a este canal RSS

Facebook Wall

Twitter

Error: no data

FacebookG+TwitterRSS