×

Aviso

JFile: :read: non é posíbel abrir o ficheiro: http://query.yahooapis.com/v1/public/yql?q=SELECT+%2A+FROM+query.multi+WHERE+queries%3D%27SELECT+%2A+FROM+flickr.photosets.info+WHERE+api_key%3D%222ff3adb3b8ae6523ab16d8df49fdf6a7%22+and+photoset_id%3D%2272157624149268775%22%3B+SELECT+%2A+FROM+flickr.photosets.photos%2820%29+WHERE+api_key%3D%222ff3adb3b8ae6523ab16d8df49fdf6a7%22+and+photoset_id%3D%2272157624149268775%22+and+extras%3D%22description%2C+date_upload%2C+date_taken%2C+path_alias%2C+url_sq%2C+url_t%2C+url_s%2C+url_m%2C+url_o%22%27&format=json&env=store%3A%2F%2Fdatatables.org%2Falltableswithkeys&_maxage=3600&callback=
JFile: :read: non é posíbel abrir o ficheiro: http://query.yahooapis.com/v1/public/yql?q=SELECT+%2A+FROM+query.multi+WHERE+queries%3D%27SELECT+%2A+FROM+flickr.photosets.info+WHERE+api_key%3D%222ff3adb3b8ae6523ab16d8df49fdf6a7%22+and+photoset_id%3D%2272157624518975969%22%3B+SELECT+%2A+FROM+flickr.photosets.photos%2820%29+WHERE+api_key%3D%222ff3adb3b8ae6523ab16d8df49fdf6a7%22+and+photoset_id%3D%2272157624518975969%22+and+extras%3D%22description%2C+date_upload%2C+date_taken%2C+path_alias%2C+url_sq%2C+url_t%2C+url_s%2C+url_m%2C+url_o%22%27&format=json&env=store%3A%2F%2Fdatatables.org%2Falltableswithkeys&_maxage=3600&callback=
JFile: :read: non é posíbel abrir o ficheiro: http://query.yahooapis.com/v1/public/yql?q=SELECT+%2A+FROM+query.multi+WHERE+queries%3D%27SELECT+%2A+FROM+flickr.photosets.info+WHERE+api_key%3D%222ff3adb3b8ae6523ab16d8df49fdf6a7%22+and+photoset_id%3D%2272157624274481406%22%3B+SELECT+%2A+FROM+flickr.photosets.photos%2820%29+WHERE+api_key%3D%222ff3adb3b8ae6523ab16d8df49fdf6a7%22+and+photoset_id%3D%2272157624274481406%22+and+extras%3D%22description%2C+date_upload%2C+date_taken%2C+path_alias%2C+url_sq%2C+url_t%2C+url_s%2C+url_m%2C+url_o%22%27&format=json&env=store%3A%2F%2Fdatatables.org%2Falltableswithkeys&_maxage=3600&callback=
Login
Main menu
  • Praza de España
  • Praia das Catedrais
  • Porto Deportivo
  • Ría de Ribadeo

Warning: fopen(): php_network_getaddresses: getaddrinfo failed: Name or service not known in /var/www/vhosts/ribadeo.com/httpdocs/libraries/src/Filesystem/File.php on line 354

Warning: fopen(http://query.yahooapis.com/v1/public/yql?q=SELECT+%2A+FROM+query.multi+WHERE+queries%3D%27SELECT+%2A+FROM+flickr.photosets.info+WHERE+api_key%3D%222ff3adb3b8ae6523ab16d8df49fdf6a7%22+and+photoset_id%3D%2272157624149268775%22%3B+SELECT+%2A+FROM+flickr.photosets.photos%2820%29+WHERE+api_key%3D%222ff3adb3b8ae6523ab16d8df49fdf6a7%22+and+photoset_id%3D%2272157624149268775%22+and+extras%3D%22description%2C+date_upload%2C+date_taken%2C+path_alias%2C+url_sq%2C+url_t%2C+url_s%2C+url_m%2C+url_o%22%27&format=json&env=store%3A%2F%2Fdatatables.org%2Falltableswithkeys&_maxage=3600&callback=): failed to open stream: php_network_getaddresses: getaddrinfo failed: Name or service not known in /var/www/vhosts/ribadeo.com/httpdocs/libraries/src/Filesystem/File.php on line 354

Warning: fopen(): php_network_getaddresses: getaddrinfo failed: Name or service not known in /var/www/vhosts/ribadeo.com/httpdocs/libraries/src/Filesystem/File.php on line 354

Warning: fopen(http://query.yahooapis.com/v1/public/yql?q=SELECT+%2A+FROM+query.multi+WHERE+queries%3D%27SELECT+%2A+FROM+flickr.photosets.info+WHERE+api_key%3D%222ff3adb3b8ae6523ab16d8df49fdf6a7%22+and+photoset_id%3D%2272157624518975969%22%3B+SELECT+%2A+FROM+flickr.photosets.photos%2820%29+WHERE+api_key%3D%222ff3adb3b8ae6523ab16d8df49fdf6a7%22+and+photoset_id%3D%2272157624518975969%22+and+extras%3D%22description%2C+date_upload%2C+date_taken%2C+path_alias%2C+url_sq%2C+url_t%2C+url_s%2C+url_m%2C+url_o%22%27&format=json&env=store%3A%2F%2Fdatatables.org%2Falltableswithkeys&_maxage=3600&callback=): failed to open stream: php_network_getaddresses: getaddrinfo failed: Name or service not known in /var/www/vhosts/ribadeo.com/httpdocs/libraries/src/Filesystem/File.php on line 354

Warning: fopen(): php_network_getaddresses: getaddrinfo failed: Name or service not known in /var/www/vhosts/ribadeo.com/httpdocs/libraries/src/Filesystem/File.php on line 354

Warning: fopen(http://query.yahooapis.com/v1/public/yql?q=SELECT+%2A+FROM+query.multi+WHERE+queries%3D%27SELECT+%2A+FROM+flickr.photosets.info+WHERE+api_key%3D%222ff3adb3b8ae6523ab16d8df49fdf6a7%22+and+photoset_id%3D%2272157624274481406%22%3B+SELECT+%2A+FROM+flickr.photosets.photos%2820%29+WHERE+api_key%3D%222ff3adb3b8ae6523ab16d8df49fdf6a7%22+and+photoset_id%3D%2272157624274481406%22+and+extras%3D%22description%2C+date_upload%2C+date_taken%2C+path_alias%2C+url_sq%2C+url_t%2C+url_s%2C+url_m%2C+url_o%22%27&format=json&env=store%3A%2F%2Fdatatables.org%2Falltableswithkeys&_maxage=3600&callback=): failed to open stream: php_network_getaddresses: getaddrinfo failed: Name or service not known in /var/www/vhosts/ribadeo.com/httpdocs/libraries/src/Filesystem/File.php on line 354

Ribadeo On line todo sobre Ribadeo - Mai 2025

Festival On&Off 2007

En 2007, Mr Misto Films e o Concello de Ribadeo organizaron o III Festival de curtas ON&OFF, que tivo lugar do 1 ao 5 de agosto.

Na sección oficial, máis de 40 curtas foron seleccionadas e agrupadas en distintos paquetes (ficción 1ficción 2ficción 3ficción 4documental-experimental e animación) para ser proxectadas por varios puntos de Ribadeo: no Cantón, no cine Teatro, na zona vella, etc.

Por segundo ano, convocouse o certame de curtas A toda mecha.
Os medios necesarios para levar a cabo os proxectos foron facilitados pola organización e os participantes contaron cun máximo de 60 horas para realizar os seus traballos.
O tema das curtas era libre e tan só tiñan que incluír un elemento de atrezzo e unha localización indicadas pola organización nun sobre pechado, para asegurarse de que as gravacións se realizaban durante o festival e non previamente.
Nesta edición houbo un único premio de 3000€, outorgado por un xurado composto por profesionais do audiovisual.

As curtametraxes realizadas en A toda mecha 2007 foron:

Límite 12 horas, Love is in the air, A miña herdanza, O talento do señor Carrack, Miguelito, Operación Cantón, Espera, La calle es tuya, Case sempre, Sen escrúpulos, Da compra á cesta, Freak Paradise, O tren da vida, O suso e Os quitadores de ferro.
 
No ON&OFF 2007, os directores convidados a gravar curtas en Ribadeo foron:
   - Javier e Kike Prada con Mariñeiro
   - Jairo Iglesias con 1936.Ribadeo 
   Alber Ponte con No tardes
 

Un ano máis, no marco do festival celebráronse numerosas actividades paralelas, como por exemplo, os encontros con profesionais do sector como Susana Rei, Jairo Iglesias e os irmáns Prada. Tamén houbo un coloquio sobre o cine de animación.

Tampouco faltaron as proxeccións, entre as que destacan a de De profundis e Carne de canón en Rinlo ou a de O ceo do súper 8 no Cantón.

 
Unha das novidades do ON&OFF 2007 foron os concursos Curtas de peto ePerspectiva allea.
O primeiro deles invitaba á xente a realizar pequenas gravacións con teléfonos móbiles ou cámaras, que se podían recoller nas carpas colocadas polos organizadores.
Pola súa parte, Perspectiva allea estaba dirixido a persoas non censadas en Ribadeo e animábaos a fotografar a vila e o ambiente do festival.
 
 
A gala de clausura estivo presentada pola actriz Rosalía Quelle e contou coa actuación do grupo The Ellas, liderado por Luis Tosar.
Durante o acto proxectáronse as curtas realizadas por Jairo Iglesias, Alber Ponte e os irmáns Prada.
Por suposto, tamén se fixo a entrega de premios e os gañadores foron:
   - Misto de Ouro na categoría de ficción para La gran revelación, de Santiago de Lucas.
   - Misto de Ouro na categoría de documental para Cousas do Kulechov, de Susana Rei.
   - Misto de Ouro na categoría de animación para Carne de canón, de Darío Fernández Ignacio.
   - Misto de Cera a toda unha carreira na curtametraxe para Alber Ponte.
   - Misto de Pau de A toda mecha para Sen escrúpulos, de Carlos Seijo.


E un ano despois, en 2008, chegaría a IV edición do festival ON&OFF de Ribadeo...
Ler máis...

Festival On&Off 2006

2006: II Festival Audiovisual ON&OFF

 
Do 1 ao 5 de agosto de 2006 tivo lugar o II Festival de curtas ON&OFF, organizado unha vez máis por Mr Misto Films e o Concello de Ribadeo.

Nesta edición, 27 curtametraxes foron seleccionadas para formar parte da seccion oficial:
 
Éramos pocos, Los ojos de Djamel, Máis Madeira, Papás y mamás, Lobos, Sirenito, Acecho, Redondeo, El Examinador, Con que 24 Eh?!, O Boiro, Birth School Work Death, Teki, Choque, Sólo para Chelo, O intruso, Sintonía, A máquina, Bucowsky, En mitad de la noche, Taquetesis, Madres, Painting Soldiers, Chatarra, K.O., Máxima pena e La más breve. 
 
 
Estas pezas estaban divididas en dúas sesións e proxectáronse en distintos puntos de Ribadeo: nas rúas da zona vella, no auditorio, no cine Teatro, no Cantón, etc.
 
A principal novidade deste ano foi a celebración do I Certame de curtas A toda mecha
Este consistía en elaborar unha curtametraxe en tan só 3 días, durante a celebración do festival e tendo Ribadeo como escenario.
As curtas realizadas exhibíronse durante a gala de clausura do festival.
 
 
Os participantes nesta I edición de A toda mecha foron:
   - Historia do cine Teatro, dos irmáns Prada, que gañaron o Misto de Pau e unha fin de semana nunha casa de turismo rural.
   - O que a amizade se levou, de Borja Pardo
   - A ver ho, espabila, de Joao Rodicio
   - Asalto ó “Castillo de San Damián”, de Isma Teijeiro
   - Chegada masiva de videocreadores, de Verónica Remaller e Mariña Casais
   - El atrevimiento de John Carrack, de Juan de Oliveira
   - Heissel-Como se fixo o Mistura Sound 2006, de Xabi Lomba
   - Toxic Girl, de Jacobo Paz
 
 
Historia del cine Teatro, irmáns Prada
 
 
Por outra parte, catro creacións foron seleccionados mediante concurso para gravarse en Ribadeo e os seus protagonistas elixíronse a través dun cásting, ao que se presentaron numerosos veciños da vila.
As curtas escollidas foron:
 
 
 
   - Marta, de Juan de Oliveira  
 
   - Nueve meses, de Javier Ramudo
 
   - Pulgas, de Valentín Barreiros e Joao Rodicio
 
   - Listillo, de Benito Eiroá
 
 
 
Ao igual que no ano anterior, houbo actividades paralelas como o Mistura Sound, coas actuacións de Heissel, 7 Setenta e Lili Films.
Tamén se celebrou un seminario de produción dixital impartido por Jorge Carrasco.
 
A gala de clausura do festival, no auditorio municipal, estivo presentada pola actrizComba Campoy.
No acto proxectáronse as curtas realizadas en A toda mecha e as pezas Ribadeo no tempo Locos por el Super 8.
Ademais, fíxose a entrega de premios e estes foron os galardoados:
   - Misto de Ouro a Madresde Mario Iglesias.
   - Misto de Prata á mellor curta outorgado polo público a Sintoníade José Mª Goenaga.
   - Misto de Bronce para Redondeode Pablo Iglesias.
 
 
 
Pero a historia do festival non remata aquí, xa que en 2007 Ribadeo acolleu o III Festival de curtas ON&OFF...
Ler máis...

Festival On&Off 2005

Do 18 ao 21 de agosto de 2005 celebrouse en Ribadeo o I Festival Audiovisual ON&OFF, organizado por Mr Misto Films e o Concello de Ribadeo.

O festival inaugurouse no Cantón coa presenza de Isabel Blanco e as 30 curtametraxes seleccionadas para formar parte da sección oficial foron as seguintes:

Carisma, El abismo, 7:35 de la mañana, Diez minutos, Invulnerable, El balancín de Iván, Profilaxis, Rosas, Aloe, La ruta natural, Final, Un viaje, 24 instantes, Física II, Pornografía, Lo que nunca seré, Brasil, Digital, Las superamigas contra el profesor Vinilo, La buena caligrafía, El laberinto de Simone, Tadeo Jones, Galiza, Nada que perder, El viaje, Minas, A teoría do espello, La valiente, Notamotof  eMinotauromaquia.

As proxeccións tiveron lugar en diversos puntos da vila: no cine Teatro, na fachada do cine Colón, en puntos do casco antigo, no auditorio municipal, etc.
O prezo de cada sesión era de 2€, mentres que o abono para os 4 días custaba 15€.
 
Os gañadores, elixidos a través dos votos do público, puideron recoller os seus galardóns na gala de clausura presentada por Isabel Blanco e Serxio Pazos.
Os premios para as tres mellores curtametraxes foron:
   - Misto de Ouro ao mellor traballo: dotado de 3000€ e patrocinado por Caixa Galicia Imaxinarte. Gañado por A boa caligrafía, de Ciudadano Frame.
   - Misto de Prata á mellor curta galega: dotado de 1000€ e patrocinado polo Consocio Audiovisual de Galicia. Este premio foi para O abismo, de Matriuska Producións.
   - Misto de Pau: un trofeo, outorgado a Voando, realizado polo Taller de curtametraxes de Allariz.

As máis de 160 persoas inscritas no festival tiveron a opción de escoller dous tipos de bonos:

   - Un de 25€ que incluía o acceso a todos os actos do festival, o aloxamento nun albergue ou nunha zona de acampada, unha camiseta e un corto no bar oficial.
   - Un bono de 15€ que, a diferenza do anterior, non incluía aloxamento.

O festival contou con seccións paralelas como Work in progress, onde o directorMario Iglesias presentou o seu filme De bares.

Carlos IglesiasIsabel Blanco e Nieve de Medina mostraron un avance de 1 franco, 14 pesetas.
 
Ademais, nestes días celebráronse mesas redondas e coloquios con numerosos profesionais do sector. Actores, actrices, productores e directores como Serxio PazosIsabel BlancoNieve de Medina, Carlos IglesiasÁngel de la CruzJorge CoiraJuan Pablo EtcheverryManolo Gómez e Miguel de Lira, estiveron presentes para falar da súa experiencia no audiovisual.
 
Por outra banda, tampouco faltaron a música, o teatro e a literatura.
No Mistura Sound Festival, participaron Uno+Uno, Safari Orquestra, Dios que te crew, Furnier e Match Video DJ. 
Chequeré, Vado Permanente, Cornelius e Mercedes Peón tamén actuaron no marco do Festival ON&OFF.
O teatro na rúa estivo presente da man de Mofa e Befa e a houbo un oco para a literatura coa presentación do libro Esta noite no cinema, do director Raúl Veiga.

 
A boa acollida do ON&OFF fixo posible que, un ano despois, Ribadeo acollese unha nova edición do festival.
Ler máis...

O FestivalON 2009

En 2009, o festival de curtas ON&OFF pasou a chamarse OFestivalON e estivo organizado un ano máis por Mr Misto Films e o Concello de Ribadeo.
 
Programa do festival:
 
 
42 curtas de varios países foron seleccionadas para formar parte da sección oficial, dividida en 6 bloques que se proxectaron no Cantón e no cine Teatro:
   - Bloque 1: El encargado, No corras tanto, Pánico a una muerte ridícula, La Sortie, C'est la vie, The Road, Ferro ardendo
   - Bloque 2: The werepig, Niño balcón, Tan preto e tan lonxe, Mi chiamo Seby, La leyenda del ladrón del árbol de los colgados, Socarrat, In the name of God
   - Bloque 3: 0'8 miligramos, Continuará, Runners, Matando el sueño, On/Off, Túneles en el río, Encanto
   - Bloque 4: En(terrados), You are my hero, A fábrica, Broken Horizon, Pim, pam, pum, Soy Meera Malik, On the line
   - Bloque 5: Miente, Muto, La chica dentro de la caja, Vellas, El misterio del pez, Stikk, Funfair
   - Bloque 6: O raio transparente, Campás, Marruecos, un viaje de colores, Teherán 3 18, A miña casa é un inferno, Mei Ling, La carrera
 

Por outra banda, do 27 ao 31 de xullo, graváronse as tres curtas de A toda mecha:
   - Placebo, de Andreia Táboas e Ana Belén Diz
   - Favores en cadea, Jose María Picón
   - Para mariñeiros nós, de Omar Rabuñal
 
A principal novidade deste ano foi a integración dos máis pequenos no festival, coa presenza da Caixiña de Mistos
Ademais de poder ver curtas infantís e votar as súas preferidas, os nenos participaron nun obradoiro de stop motion, onde gravaron as súas propias pezas.
A eles tamén estivo dirixida a actuación teatral do grupo Migallas.


Na gala de clausura, que contou coa actuación do grupo de jazz Lucía Martínez Cuarteto, fíxose a entrega dos premios, que foron para:

   - Misto de Pau de Sabugueiro á mellor curta de ficción para On the line, de Jon Garaño.
   - Misto de Pau de Castiñeiro á mellor curta de animación para El misterio del pez, de Giovanni Maccelli.
   - Misto de Pau de Carballo á mellor curta documental para A fábrica, de Marcos Nine.
   - Misto de Pau de Loureiro, elixido polo público, para Ferro ardendo, de Miguel García Fernández.
 
Nesta ocasión o xurado estivo composto por Antonio MourelosSantiago Jaureguízar e María Acuña Rodríguez.
 
E en 2010 chegou a VI e última edición do festival de curtas de Ribadeo...
 
{gallery}http://www.flickr.com/photos/ofestivalon/sets/72157624149268775/{/gallery}
Ler máis...

OFestivalON 2010

Do 29 de xullo ao 1 de agosto de 2010, Ribadeo acolleu OFestivalON VI, organizado por Mr Misto Films e o Concello.

 
39 curtametraxes formaron parte da sección oficial:
   - Sesión 1: On the line, Volvoreta, O narcotráfico na punta do Neixón, Porque las babosas no toman sal, El tránsito, Quid Pro Quo
  - Sesión 2: A nena que tiña unha soa orella, Marina, Retrato, Tomato story, Fábrica de muñecas, Con Sandra, I love Luci
   - Sesión 3: Neggy coñece a Sammy, Flat love, La tierra de Oscar, Instalación, The true story of Marvin Walvis, Street Feeling, Kings of the castle
  - Sesión 4: O soldadiño de chumbo, Yanindara, Steps, En un lugar del cine, O elixido, Burbuja 
  - Sesión 5: Pigueon Impossible, La historia de siempre, As almas do Fental, Oro verde, L'uomo perfetto, Ofelia, Viejos perdedores, Amona Putz!, The name-less, Lost, Por la mañana, Todo es maybe, Rodilla
 
 
Nesta edición de A toda mecha graváronse 11 curtas:
Speed love (Álvaro Liste), Pintando o silencio (Ana Diz e Andrea Táboas), A porta(Andrés Goteira), Salvavidas (Benito Eiroá), Contemplando la creación (David G. Rubianes), As moiras (Iago Prada), A morte (Juli Díaz), O peregrino (Marcos García), Despierta (Pablo Portero), Fóra da habitación (Gonzalo Enrique), O gran golpe (Suso López).
 
Os grupos tiveron 3 días para realizar as súas pezas, nas que se tiña que incluir un elemento de atrezzo e unha localización indicados pola organización.
 
Entre as actividades paralelas destacou a proxección no cine Teatro do filme Os Crebinsky, coa presenza de algún membros do equipo como Miguel de Lira e Quique Otero.
 
Tamén se exhibiron Dous homes e un suicidio de Iria López, O sobriño de Omar Rabuñal e Cero Vinte e Fuga de descerebrados, dos alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo.
As curtas convidadas deste ano foron as de Artabriños 2010, resultantes da campaña de promoción turística de Ferrol, Eume, Ortegal, Chámalle como queiras.
Ademais, presentáronse o libro A lei das ánimas, de Carlos Reigosa, e o manualCine y TV, de Jorge Carrasco.
Un ano máis, houbo Sesión Vermú con charlas – coloquio nas que participaron Iria López e Omar Rabuñal, entre outros.

Tampouco faltaron a Caixiña dos Mistos, dirixida aos máis pequenos, nin a danza, da man da compañía SOLODOSneodans.
Os concertos da Banda dos Crebinsky e de Lamatumbá puxeron o broche final deste festival.

Na gala de clausura, presentada por Isabel Risco e Xoan Mariño, tivo lugar a entrega de premios, que foron para:
Na sección oficial:
   - Misto do Pau votado polo públicoTodo es maybe (Asier Urbieta)
   - Misto de Pau ao mellor documentalEl tránsito (León Siminiani)
   - Misto de Pau á mellor curta de ficciónO elixido (Chema Gagino)
   - Misto de Pau á mellor curta de animaciónO soldadiño de chumbo (Virginia Curiá e Tomás Conde)
 
xurado da sección oficial estivo formado por Isabel Risco, Farruco Graña e José Antonio Corredoira.
 
En A toda mecha:
   - Misto do Pau elixido do públicoO peregrino (Marcos García)
   - Misto de Pau á mellor curtaA porta (Andrés Goteira)
   - Misto de Pau á mellor actrizEstíbaliz Veiga
   - Misto de Pau ao mellor actorSuso López
   - Misto de Pau á dirección de arteA morte (Juli Díaz)
   - Misto de Pau á mellor curta en lingua galegaA porta (Andrés Goteira)
   - Misto de Pau ao mellor guionistaBenito Eiroá por Salvavidas
 
xurado de A toda mecha estivo composto por Chelo Loureiro, Carlos Reigosa, Omar Rabuñal, Quique Otero, Xosé Pereira e Falcatruada.

 

E esta edición de OFestivalON foi a última polo de agora, xa que no verán de 2011 non se celebrou o festival...

 

{gallery}http://www.flickr.com/photos/ofestivalon/sets/72157624518975969/{/gallery}

 

 

{gallery}http://www.flickr.com/photos/ofestivalon/sets/72157624274481406/{/gallery}

 

 

Ler máis...

O Cargadeiro

Un par de praias con encanto por estar a bon resguardo e sin saturación de persoas.

 

PRAIA LONXITUDE ANCHURA COMPOSICIÓN CONDICIÓNS
O CARGADEIRO 50 metros 15 metros Area e grava Oleaxe moderado

 

URBANIZACIÓN OCUPACIÓN SEGURIDADE SERVIZOS
Rústico Medio Sinalizacións Papeleiras

 

Ler máis...

As Catedrais

A nosa coñecida praia espectacular polos seus arcos e as limpas areas.

 

PRAIA LONXITUDE ANCHURA COMPOSICIÓN

CONDICIÓNS

AS CATEDRAIS 320 metros 10 metros Area fina

Oleaxe moderado

 

URBANIZACIÓN OCUPACIÓN SEGURIDADE

SERVIZOS

Rústica Alto Sinalizacións

Paseo Marítimo
Papeleiras

 

Ler máis...

Guías

Intentamos manter as máis completas Guias Telefonica e actualizada, tanto comercial como de interés y hostelera.

Nesta sección ofrecerémosvos un variado surtido de rutas turísticas, percorrendo os lugares mais destacados e pintorescos da zona,chegando ata a Estaca de Bares polo oeste, Lugo polo sur e Navia polo leste.

Asimesmo,dispoñemos de rutas de sendeirismo,para poder admirar de primeira man e a pé a beleza das nosas parroquias.

Por último,amosamos unha listaxe de praias das que dispoñemos no Concello de Ribadeo, cunha serie de datos informativos para que coñezades mellor dos servizos que vos poden ofrecer.

Esperamos que a información sobre as rutas e as praias vos sexa de utilidade,e que disfruten delas.

Ler máis...

Galerías

Poñemos ó seu dispor varias galerías de Audio, Video e de Fotografías normais e panorámicas.

Progresivamente iremos ampliando a maior parte das categorías.

Se teñen suxerencias estaremos encantados de poder intentar satisfacelos.

Ler máis...
Suscrición a este RSS feed

Facebook Wall

Twitter

Error: no data

FacebookG+TwitterRSS